Tui celebra as festas de San Telmo cunha programación para todos os públicos do 20 ao 29 de abril
Na presentación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, destacou en primeiro lugar a faceta cultural e patrimonial das festas co concerto de badaladas previsto o domingo 28 nos campanarios da Catedral, a igrexa de San Telmo, San Francisco e As Encerradas. O rexedor apostou por institucionalizar este evento para darlle aos festexos de San Telmo un carácter distintivo. Na mesma liña subliñou as dúas exposicións que se poderán visitar na Área Panorámica durante as festas baixo o título de “Surge et ambula. A memoria do Teatro Principal” na que se exhibirá entre outras pezas o telón do centenario teatro, e por outra a mostra “70 anos da escultura de Rosendo Salvado”.
Por outra parte Carlos Vázquez Padín destacou a proposta musical das festas na que se aposta pola música orixinal con actuacións destacadas coma a de Blas Cantó o sábado 27 e a orquestra Mondragón o domingo 28, amais dos grupos tudenses Mi Calip’s e Factor 50 que actuarán o venres 26, e Patricia Moon o sábado 20. A oferta musical contempla tamén a presenza do Combo Dominicano na noite do luns 29, e ao longo das festas estarán o grupo América ( domingo 21) e as orquestras Passarela (sábado 27) e Saudade (domingo 28).
As festas comezarán o sábado 20 ás 19 h coa lectura do pregón a cargo do filatelista tudense Carlos Pérez-Fonterosa Antón, nun acto no Teatro Municipal onde actuará a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. O primeiro día das festas Pablo Méndez Performances presentará no Paseo da Corredoira o seu espectáculo “Quimera”. Non faltarán eventos tradicionais coma o festival folclórico ou a Semana de Teatro Afeccionado.
Concertos da Banda de Música Popular de Tui e da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, o V Encontro de Bandas de Gaitas, e actuación de charangas completan a oferta musical.
Están previstas actividades infantís de luns a venres de 11 a 13 h, e proxeccións de cinema infantil ás 16.30h. Tamén para público infantil programouse unha festa con Menudo Circo. As corais de Tui actuarán nas residencias e no centro de día do municipio. O deporte estará presente coas actividades previstas de bádminton, judo, tenis de mesa, xadrez, remo e baloncesto. A Copa San Telmo Eurocidade de fútbol, a Carreira Popular Solidaria de San Telmo, e as finais autonómicas do programa Bádminton + centran a oferta deportiva. O luns de San Telmo celebrarase a tradicional Feira dos Cabalos. Continúa tamén até o luns 29 a Festa do Meixón en 6 restaurantes tudenses. Xa no tocante aos actos relixiosos destaca a solemne procesión de San Telmo o luns 29 ás 21 h.

Concello de Tui