Expourense pecha con grande éxito o 14º Salón da Prevención e Saúde, Previsel
Nesta segunda e última xornada de Previsel tiveron lugar actividades que contaron cun gran seguemento de asistentes como foi o caso da xornada sobre riscos ergonómicos organizada polo sindicato UGT que convocou a máis de 100 delegados de toda Galicia. Pola súa parte, a CIG celebrou tamén unha xornada sobre o cancro laboral que tamén contou con ampla participación.
Hoxe tamén foi o día no que se impartiu foi o seminario organizado pola CEO “Masterchef: prevención, benestar e saúde” no que a través dun curso que imitaba ao popular concurso de televisión, unha vintena de técnicos en prevención de empresas da provincia de Ourense puideron ampliar coñecementos sobre cómo liderar equipos e sobre cómo transmitir boas prácticas en prevención ao resto do cadro de persoal das súas empresas.
O ISSGA celebrou hoxe a súa segunda xornada formativa que abordou os factores biolóxicos e os riscos psicosociais que inflúen nas persoas que atenden e coidan a dependentes.
Dentro das actividades organizadas por TESGALICIA hoxe impartiuse un obradoiro de defensa persoal a cargo do instrutor nacional de defensa persoal, Cipri Gomes, e a segunda parte do curso de manexo de desfibrilador externo semiautomático DESA.
A actividade en Expourense continuará a fin de semana que vén coa celebración da “Technium R Encounter” e os días 10, 11 e 12 de maio coa segunda edición do Car Oulet Ourense.
Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense)