Corenta e oito turoperadores de once países acudirán á feira Turexpo Galicia en busca de propostas turísticas
Estes operadores internacionais e nacionais coñecerán a oferta de numerosas empresas do sector do turismo, a maioría galegas. Estas poderán mostrarlles detalladamente as súas propostas aos turoperadores co obxectivo de que as incorporen ás ofertas que farán aos seus clientes nos seus países de orixe. Será a través de reunións axendadas en función dos intereses de ambas partes, as cales terán lugar durante o primeiro día e medio do certame.
Entre as preferencias para coñecer nestes encontros, a maioría de turoperadores destacan hoteis e propostas tanto de ocio e cultura como gastronómicas, ademais de axencias de viaxes, maioristas e empresas de servizos. Tamén resulta de interese para moitos deles establecer contacto con spas e balnearios, compañías de transporte e empresas de turismo rural e activo.
Turismo de natureza
A Bolsa de Contratación de Turexpo Galicia conta por primeira vez, e cunha presenza importante, con turoperadores especializados en natureza e tamén específicos de sendeirismo a pé ou en bicicleta. Son operadores tanto nacionais como internacionais.
Así mesmo, nesta edición destacan tamén algúns operadores centrados en experiencias singulares, un tipo de turismo máis selectivo pero de gran interese para a oferta galega.
Esta Bolsa de Contratación da feira Turexpo Galicia, que conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia, será así unha vez máis un espazo de referencia para o sector turístico galego.
Visita a Lugo e a Mariña Lucense
A estas mesas de negocio engadirase o venres día 7 pola tarde e o sábado 8 durante todo o día unha viaxe de familiarización que levará a Lugo e a Mariña Lucense a máis de trinta deste turoperadores participantes na Bolsa.
Así, o venres realizarán unha visita guiada polo Lugo romano, incluíndo paseo pola muralla, a Casa dos Mosaicos e o Mitreo. Cearán na polbería “Aurora do Carballiño” e aloxaranse no Hotel Méndez Núñez.
Xa o sábado coñecerán en Viveiro o eucaliptal de Chavín e o mirador de San Roque, ademais de realizar unha visita teatralizada ao casco histórico da vila. Comerán no restaurante Las Sirenas e viaxarán pola costa ata a praia de As Catedrais. Posteriormente irán a Mondoñedo.
Como remate deste fam trip, o domingo pola mañá os turoperadores realizarán unha visita guiada polo casco histórico de Santiago de Compostela.

Feira Internacional de Galicia Abanca