Skip to main content

Lugo acolle a performance 'Púlsar', a primeira das actuacións artísticas do Ciclo 'Experimenta'

Ao remate desta actuación haberá un encontro aberto co público asistente. A entrada é de balde ata completar aforo.

O Ciclo Experimenta continuará o xoves 25 de xullo, ás 20:30 horas, con outro espectáculo de música electrónica e audiovisuais da man de María Mieres e Nacho Iglesias do grupo San Jerónimo. Presentarán El Sur, o recente disco desta banda que conta cunha das coleccións de cancións máis emocionantes e reais que escoitamos en moito tempo. Esta proposta artística tamén misturará retazos poéticos dunha poeta lucense.

Esta novidosa iniciativa cultural rematará o venres 26, nos xardíns da Deputación, coa actuación, ás 20:30, de Elle Belga (Slowcore), do que forman parte Fany Álvarez e José Luis García, unha combinación de murmurio, guitarras acústicas e percusión. O seu último proxecto, Refuxio, feito a base rítmica e a melodía, segue sendo o alicerce da súa composición. A través de sons inquietantes e letras dunha serenidade conmovedora, penétranse nun repouso ficticio e bastante perturbador.

Con este pioneiro programa cultural, a Deputación contribúe a sumar novas ofertas culturais á cidade, a través de propostas que quedan fora do circuíto actual pola singularidade das pezas ou polas novidades que conlevan.

Un dos obxectivos do ciclo Experimenta é dinamizar a relación entre as persoas a través do encontro entre as diferentes artes impulsando a participación social. Esta iniciativa nace a través do grupo lucense Tele-Clube, unha asociación que pretende revitalizar os barrios e zonas periféricas a través de actuacións musicais e outras actividades culturais.
Experimenta