Skip to main content

O Esmorga Fest 2020 presenta o seu cartaz completo

A cita deixa dous días de música con grupos da talla de Viva Belgrado, Cariño, Los Punsetes, Moon Duo, Pony Bravo ou Niña Coyote eta Chico Tornado entre moitos outros e que conta co selo de calidade de SON Estrela Galicia.

Segundo a organización o bo ritmo de venda de entradas augura o “ sold out” do aforo do festival, algo que xa sucedeu na pasada edición e tan bo sabor de boca deixou a todos os asistentes.


Aos grupos xa confirmados sumáronse John Axiom, Pálida, Don Gonzalo e Copitropical.
A sexta edición deste festival xa consolidado como unha referencia no calendario festivaleiro estatal contará cunha zona gastronómica durante a xornada do sábado a cargo de Cárnicas Teijeiro.

As entradas pódense comprar a prezo de anticipada a través da súa web e en dous locais de Sarria: Adarve e Xarope.

Esmorga Fest 2020:

VIERNES: CARIÑO – VIVA BELGRADO – ATENCION TSUNAMI! – LA TRINIDAD – MOURA – LE TEMPS DU LOU – BÖIRA – JOHN AXIOM

SÁBADO: LOS PUNSETES – MOON DUO – PONY BRAVO – NIÑA COYOTE eta CHICO TORNADO – YAWNERS – IT IT ANITA – TRIFULCA – PALIDA – MODERN NATURE – UNIFORMS – ALIMENT – THE FINGERS – DON GONZALO – COPITROPICAL

Esmorga Fest 2020