Skip to main content

Enerxétika 2020 estrea espazo de innovación para poñer en valor proxectos centrados en enerxías renovables, sustentabilidade e eficiencia

Haberá dúas seccións, profesional e académica. Na primeira poderán participar empresas e entidades, públicas e privadas, tanto que sexan expositoras ou coexpositoras de Enerxétika como aquelas que non os sexan, aínda que para estas últimas terá custo e para as primeiras non. A segunda sección estará orientada a alumnos de Escolas Universitarias, centros de Formación Profesional e outras entidades educativas.

Cada empresa ou entidade poderá presentar máis dun proxecto, o cal, se é seleccionado, estará exposto a través dun panel informativo no SIE, o que lle outorgará unha gran visibilidade entre o público. Os proxectos deben estar en funcionamento ou ter posibilidades reais de aplicación no mercado e terán que ser presentados antes do 3 de marzo.

Este Salón da Innovación Enerxétika poderá visitarse durante todos os días de Enerxétika 2020, do 26 ao 28 de marzo. Todas as condicións de participación poden consultarse na web da feira, www.enerxetika.com

Foro Enerxético de Galicia

O xurado que valorará os proxectos presentados será profesional e independente, totalmente alleo á organización. Estará formado por membros do Foro Enerxético de Galicia, grupo de debate representado por profesionais de recoñecido prestixio no ámbito da enerxía na Comunidade galega.
Feira Internacional de Galicia Abanca