Skip to main content

Vilagarcía énchese de novo de risas e espectáculo co Festaclown 2020

Tras máis de 20 anos de experiencia acumulada o Festaclown afronta un novo reto cun protocolo antiCOVID que velará pola seguridade d@s asistent@s. Toda a programación trasládase á Praza da II República (diante do auditorio) e para asistir haberá que reservar entrada en reservas.gal ou na propia web do Festaclown, www.festaclown.gal. Dez minutos antes do comezo as cadeiras baleiras quedarán a libre disposición ata completar aforo.

A programación deste ano ten unha clara aposta pola cultura galega, con grandes compañias como Mofa e befa, Cía N+1, Peter Punk, SU.MA, Píscore… e incluso a estrea dunha nova compañía que dará moito que falar: Trío Detrés. Tamén contará con artistas de renome internacional como Cía Vaya + B-Side ou Simone Romanó que nos achegan dúas estreas mundiais; e artistas estatais como Albert Vinyes ou Javi Javichi que nos amosarán o viva que continúa a tradición do pallaso e do malabarista circense.

Festaclown porá á disposición do público un espazo do festival coa maior seguridade para que o público poida gozar con toda tranquilidade.
Festaclown