Skip to main content

O XI Festival Galego de Cabaré regresa á Coruña tralo seu aprazamento adaptándose á nova realidade

O Festival Galego de Cabaré, mostra única destas características que se celebra en toda a Península Ibérica, volve ás súas andanzas á Coruña, cidade que o víu medrar e expandirse, dende que no 2006 comezara as súa actividade. Volve pola porta grande, en formato de grande teatro, con espectáculos únicos e irrepetibles nos que abarcará xeneros como cabaré, o burlesque e o swing, e con propostas de carácter internacional e a presenza de artistas de todo o globo.

Durante 3 días, dende o venres 2 ao domingo 4 de outubro de 2020, e sempre que a situación sanitaria o permita, o emblemático Teatro Colón será escenario de espectáculos nos que a música, a danza, a pintura ao vivo, as acrobacias aéreas, os números picantes ou os monólogos serán impregnadas dese característico arrecendo a neftalina, nostalxia, sensualidade e provocación.

Serán tres grandes espectáculos no Teatro Colón, abrazando diferentes temáticas, xéneros e contidos:

VENRES 2 DE OUTUBRO 21:00 h CABARESQUE - EL BURLESCO MALANDRÍN + SRTA SILLER

O primeiro dos espectáculo,estará adicado ao Burlesque, e baixo o título CABARESQUE terá lugar dentro da caixa, dándolle a volta ao concepto, empregando o escenario como patio de butacas e a platea como telón de fondo e recreando un auténtico cabaré.
Será a cargo dos artistas El Burlesco Malandrín (Palencia) e a artista de burlesque Srta Siller (Granada), referentes a nivel estatal do novo cabaré e burlesque.

SÁBADO 3 DE OUTUBRO 21:00 h PASEANDO EL SWING - SWING MACHINE ORCHESTRA

O segundo día, sábado 3, ás 21:00 h acolleremos un grande espectáculo musical de swing titulada PASEANDO EL SWING a cargo da famosa SWING MACHINE ORCHESTRA. A “primeira orquestra de cordas swing” ofecerá unha proposta única, xenuína e aloucada con 12 músicos e bailaríns de diferentes procedencias; Cuba, Honduras, Arxentina e España para bailar ao ritmo frenético dos anos 30.

DOMINGO 4 DE OUTUBRO 20:00 h GALA FEMME FATALE - NELSON QUINTEIRO CABARET & Artistas convidados

O broche de ouro deste festival terá lugar o domingo ás 20:00 h cunha grande gala final APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS que recupera o espíritu das primeiras edicións do festival. Será a GALA FEMME FATALE a cargo da Compañía NELSON QUINTEIRO CABARET con colaboradores especiais. Monólogos con Iria Pinheiro, performance con Yolanda Paz, música en directo e cabaret con Nelson Quinteiro e o acordeonista Álvaro Cardalda, acrobacias aéreas con Manu Albariñas, pintura ao vivo con Marta Quinteiro, número especiais de danza con Iván Villar (Entrecaixas, Nova Galega de Danza), ademais de cabaré, cordeografías con cadeiras e moita actitude a cargo do corpo de baile formado polos artistas Yohel Santos, María Cordeiro, Laura Casás, Iván Davila e Nelson Quinteiro, contando coa actriz Adela Bértolo (Vai de Troula, TVG) como mestra de cerimonias.
Festival Galego de Cabaré