Skip to main content

O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural inaugura a II Mostra de Cultivos do Baixo Miño

O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, inaugurou a II Mostra de Cultivo de Baixo Miño, que se celebrar na parroquia de Goián, no concello de Tomiño e que abrangue, ademais, a produción dos concellos de A Guarda, Oia, O Rosal e Tui. Santiso Miramontes admirou “a relevancia do sector primario dentro da economía comarcal do Baixo Miño, que superou o tradicional autoconsumo para transformarse nunha agricultura modernizada na que se incorporan novos produtos que, na actualidade, abastecen mercados no Levante español, Portugal, Francia, Reino Unido ou Alemaña, entre outros”.

Neste senso, o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural anunciou que a Consellería que dirixe está a traballar na posta en marcha dun sistema de control e certificación da calidade das plantas ornamentais cultivadas en Galicia, “co que se pretende mellorar a concorrencia no mercado mundial dun sector en auxe na nosa comunidade”. Para Santiso Miramontes proba desta importancia son os 300 viveiros existentes, que contan con 370 hectáreas e unha facturación estimada de 500.000 euros por viveiro.

Nesta mostra estarán presentes, entre viveiros de plantas ornamentais, maioristas de horta e de flor e empresas de transformación, ao redor de trinta firmas expositoras. Tamén celebraranse conferencias e exposicións técnicas relacionadas co sector.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia