A Consellería de Medio Ambiente apoiará o desenvolvemento dos recursos termais
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, recibiu en Santiago aos responsables da Cámara de Comercio e Confederación de Empresarios de Ourense, Ovidio Fernández e Francisco Rodríguez, respectivamente, e ao xerente de Expourense, Alejandro Rubín. A entrevista serviu aos empresarios ourensáns para presentar a Manuel Vázquez a Feira Internacional do Turismo Termal, que se celebra na cidade das Burgas entre o 30 de setembro e o 2 de outubro.
A Consellería de Medio Ambiente a través da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (Eposh), Augas de Galicia e a dirección xeral de Desenvolvemento Sostible achega a cantidade de 15.000 euros para a organización deste importante evento.
Manuel Vázquez comprometeuse a impulsar o desenvolvemento do termalismo dende o punto de vista medioambiental dada a súa importancia, aínda que, tal e como recordou, a explotación deste tipo de recursos é competencia da Consellería de Industria. O conselleiro aceptou tamén a invitación a participar en Termalia e formar parte do Cadro de Honra da mesma. Precisamente, Vázquez estará presente no evento no día dedicado ás Vilas Termais.
Parques Naturais
O titular de Medio Ambiente aproveitou a visita dos responsables empresariais ourensáns para abordar outros asuntos. O conselleiro asegurou que dende o seu departamento vanse a poñer en marcha novas medidas para potenciar os parques naturais de O Invernadoiro, a Serra do Xurés e A Lastra. Reiterou tamén o seu compromiso coa provincia no relativo á aplicación de políticas de saneamento, abastecemento e desenvolvemento sostible, que contribúan ao desenvolvemento de Ourense.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia