Fernando X. Blanco aposta pola innovación e a diversificación turística para consolidar Galiza como destino preferente
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, avogou pola innovación, a diversificación e a mellora da oferta turística galega como apostas de futuro para consolidar Galiza como un destino preferente no contexto do turismo internacional. Blanco fixo estas declaracións durante a inauguración do Salón de Turismo, Deporte e Desenvolvemento Rural (Turisport) que se celebra en Silleda.
O titular de Innovación e Industria salientou a importancia de mostras como a de Turisport porque contribúen a pór en valor os recursos cos que conta Galiza e a impulsar o desenvolvemento económico do país “sobre todo –segundo dixo– cando falamos de turismo dada a importancia do sector a nivel económico”. O conselleiro nacionalista lembrou que o turismo representa xa o 12% do PIB e o 13% do emprego xerado en Galiza, “polo que –asegurou– xa se pode considerar un sector industrial moi importante no conxunto da economía galega”.
Neste sentido, o conselleiro comprometeuse a arbitrar as medidas necesarias para impulsar un sector que, ademais, conta tamén cunha importancia social salientable dado que “permite dar a coñecer a nosa cultura en todas as súas vertentes e, ao mesmo tempo e como ocorre nesta mostra, permítenos entrar en contacto con outras culturas”, destacou.
Fernando Blanco referiuse á necesidade de que o turismo este suxeito a continuos cambios “porque –segundo explicou– non hai destinos turísticos que permanezan per se”. Por esta razón, o conselleiro apostou por innovar, diversificar e mellorar continuamente a oferta turística do país para consolidar Galiza como un destino preferente no contexto internacional. “Un traballo –dixo– no que xoga un importante papel e ao que contribúen feiras como esta”. O titular de Innovación e Industria concluíu defendendo a necesidade de que, para a obtención destes obxectivos “conflúan nun camiño común a iniciativa privada e as distintas administracións públicas”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia