Ponteareas convoca a III Feira de Artesanía As máns do Nadal
Dende o 21 de decembro ao 5 de xaneiro Ponteareas acolle a terceira edición da “Feira de artesania: as máns do Nadal” que organizada polo Centro de Recuperación de Cultura Popular, coa colaboración do Concello de Ponteareas, presentará aos seus visitantes unha mostra ampla da artesanía que se realiza en Ponteareas, a súa bisbarra e mesmo Galicia.
A nova edición desta feira artesanal realízase logo do éxito acadado os anos anteriores onde foron numerosos os visitantes que se achegaron ata a Sala de Exposicións do Auditorio Municipal “Reveriano Soutullo” para contemplar estas obras de artesanía e para realizar as súas compras de Nadal e Reís.
Coa celebración desta feira o Centro de Recuperación de Cultura Popular continúa levando adiante o seu traballo a prol da promoción e difusión da artesanía tradicional, como se acredita nas actividades que organiza periódicamente. Este Centro atópase instalado no Castelo do Sobroso, onde ofrece unha exposición permanente sobre indumentaria e cultura tradicional da nosa comarca, xunto a un obradoiro artesanal textil e unha tenda de artesania da bisbarra.
Ata o vindeiro día 30 de novembro está aberto o prazo para que os artesáns interesados poidan solicitar a súa participación na feira, en caso de existir máis solicitudes que os 10 postos ofertados realizaríase unha selección por unha Comisión nomeada ao efecto.
A celebración desta III Feira de artesanía “As máns do Nadal” enmárcase dentro do programa de actividades de Nadal que o Concello de Ponteareas está artellando para o vindeiro mes de decembro. Para máis información verbo desta feira os interesados poden dirixirse ao Centro de Recuperación de Cultura Popular no teléfono 986.654305.

Concello de Ponteareas