ADEGA demanda das administracións e da cidadania medidas que contribuan a un nadal máis ecolóxico
Nas últimas decadas o nadal pasou de ser unha celebración sinxela e “austera” a converterse na máxima expresión dunha sociedade opulenta, despilfarradora e insolidaria, co planeta e cos seres que nel habitan. Se a sociedade occidental é coñecida como a sociedade do consumo, en nadal convértese nunha sociedade hiperconsumista.
Dende ADEGA cremos que estas datas, máis que nunca, temos que pensar dende un punto de vista ecolóxico a hora de celebrar estes dias.
En nadal xenérase un gasto enerxético superior ao do resto do ano así como un maior consumo de productos e produción de residuos.Desde mediados ou xa desde comezos de novembro chegan ás nosas casas ducias de folletos e revistas publicitarias invitándonos a consumir Producimos entre un 50 % e un 75% máis dos residuos habituáis. Un “lixo de luxo” constituido por envases e embalaxes son da mellor calidade que nos poidamos atopar no mercado, laziños multicores, paquetes “etiqueta ouro”, caixas de madeira para as cestas… no que como unha metáfora de nosa sociedade, prima o continente ao contido, a apariencia á esencia.
ADEGA recorda que os e as responsables somos todas; as administracións e a cidadania, polo que debemos esixir normativas serias que reduzan o despilfarro. Pedir bombillas de baixo consumo ou microbombillas para o alumeado público, limitar as horas de encendido, etc, no tema enerxético, ou demandar ordenanzas de residuos rigurosas, que incidan na responsabilidade dos comerciantes no tema dos embalaxes, ordenanzas municipais que impidan que chegue esa publicidade masiva a quen non a solicitou.
A solución ao problema non é nova, esta pasa pola aplicación dos tres erres. Ou mesmo agora que esta tan de moda engadirlle erres, aos tres “tradicionais”, poderiamos falar de Re-flexión, Re-pensar o que precisamos e cuestionarmos todo o que supón o noso consumo xa que a excesiva acumulación de “cousas” leva a non valorar o que se ten.
Á hora de aplicar os erres non deberíamos facelo de maneira perversa, é dicer comenzando polo R final, de reciclaxe, mercando e xenerando residuos sen control, “xa que logo se van reciclar”. O R de reducir é o máis importante (por algo vai de primeiro), xa que se non reducimos o consumo difícilmente solucionaremos problemas como o da esquilmación dos recursos, a contaminación derivada da transformación das materias primas así como o transporte e os residuos xenerados polos productos que mercamos, en definitiva mais ben-estar non quere decir mais ben-ter.
Ideas para un Nadal máis ecolóxico
Na casa:
- Reutiliza o papel de agasallo, louvate de telo feito e convida as demais persoas a que o fagan
- Pacta o intercambio de agasallos, evitarás despois do nadal cousas innecesarias e inútiles
- Tenta empregar obxectos sen pilas, de facelo procura que sexan recargables
Na mesa.
- Que o teu bandullo non devore o planeta, muitos dos productos postos na mesa nestas datas (piñas, langostinos…) proceden de monocultivos ou explotacións antiecolóxicas que acaban coa biodiversidade do planeta
- Merca alimentos ecolóxicos, pola tua saude, a d@s labreg@s e a do planeta
- Dende a tua mesa, apoia proxectos ecolóxicos e solidarios, entre outros hai turróns artesanais, e chocolates de comercio xusto
De compras:
- Evita os embalaxes, rexeita bolsas, lazos e etiquetas
- Fai agasallos artesanais
- Os agasallos sen pilas son máis creativos e non producen residuos perigosos
- Animais de compañía, gatos, cadelos son seres vivos, non xoguetes. Os cadelos acaban medrando..... e moitas veces abandonados
- As mascotas (tartarugas, iguanas, cotorras, etc) tamén acaban abandonadas en calquera lugar, converténdose nunha causa de perda de biodiversidade
- Organízate para non ter que levar o coche a compra (os reis magos tampouco o empregaban). Vai camiñando, en bici ou en bus
- Móviles e outros electrodomésticos; realmente precisas mudalo ou o precisan as compañias?
Nas festas:
- Que ao rematar non pareza unha esterqueira. Non empreges vasos, platos, etc de usar e tirar, controla o volume da música, coloca contentores para distintos residuos e reutiliza os refugallos. Non compres mais productos dos necesarios: se non sobra nada, mellor.

Adega