Turgalicia promocionará Ternera Gallega e Augardentes de Galicia entre o sector turístico español
O director Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria, e conselleiro delegado de Turgalicia, Rubén Lois González, e os presidentes do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, Jesús González Vázquez, xunto á presidenta do Consello Regulador das Denominacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, Isabel Salgado, asinaron en Santiago un acordo de colaboración polo que a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galiza divulgará entre os representantes do sector turístico español os productos acollidos a estes distintivos.
A promoción destes produtos galegos levarase a cabo a través das presentacións da oferta turística do noso país que Turgalicia realizará ó longo deste ano –entre febreiro e maio– nas cidades de Oviedo, León, Santander, Burgos, Almería, Murcia, Guimarães e Lisboa, e nas que participarán os empresarios turísticos destas cidades, as autoridades de Turismo e os medios de comunicación.
Así, os produtos de Ternera Gallega e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia estarán presentes nos menús que se presentan no buffet que Turgalicia ofrece aos participantes nas presentacións.
Asociacións gastronómicas
Os ditos menús son elaborados por cociñeiros que representan ás asociacións gastronómicas galegas –Amigos da cociña galega, Club gastronómico Rías Altas, Xantares e Asociación de Restaurantes Galegos– e que en cada caso se encargarán de elaborar un prato que terá como base a carne de Ternera Gallega. Ademais, ao final da cea, os asistentes poderán degustar a augardente e os licores tradicionais galegos.
Por medio deste acordo de colaboración, Ternera Gallega e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia comprométense a subministrar a materia prima para a elaboración dos pratos de carne e as bebidas espirituosas que formarán parte do buffet. Pola súa parte, Turgalicia incluirá nas invitacións que expida para as distintas presentacións da oferta turística galega os logotipos da marca Ternera Gallega e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, e distribuirá entre os asistentes material promocional destes produtos gastronómicos do noso país.
A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galiza leva a cabo estas presentacións desde hai varios anos, co obxecto de promover os encontros profesionais, onde entra en contacto o sector turístico galego coas canles de comercialización das axencias de viaxe e transporte, almacenistas, así como con autoridades turísticas locais e medios de comunicación. Este ano, máis de 70 empresas galegas do sector turístico acudirán a cada unha das cidades seleccionadas.
En cada presentación ten lugar tamén unha degustación da gastronomía galega que conta coa representación das asociacións de restauradores da nosa terra.
Estes encontros son de grande aceptación entre os representantes turísticos das cidades visitadas e constitúen un dos medios máis directos para informar da oferta turística galega aos axentes de comercialización.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia