Skip to main content

Congreso de Vacún de Leite do Sindicato Labrego Galego

O Sindicato Labrego Galego vai realizar, o sábado 21 de febreiro, un Congreso Nacional de Vacún de Leite na vila coruñesa de Arzúa. A intención deste evento é a de definir as liñas de traballo do Sindicato Labrego Galego no sector lácteo nos vindeiros catro anos, e elixir ás persoas que integrarán os órganos directivos encargados de executar as políticas aprobadas.
Entre outros temas, abordarase a gravísima crise que se lle presenta ás explotacións galegas diante da caída de prezos, xa que o meirande terán que elixir entre pechar e vender, por unha banda; ou hipotecarse para investir en máis cota para poder aumentar a producción. O problema promete agravarse, ademais, coas medidas de cumprimento estricto das cotas de producción que vai impoñer a Administración, e que poñerá ao borde do peche ás 14.000 explotacións leiteiras galegas que se ven na obriga de producir por riba da cota que teñen asignada para poder sobrevivir. Neste senso, o SLG seguirá reivindicando a reducción da producción en Europa, e unha redistribución dos dereitos que faga xustiza con Galicia.

Congreso terá lugar na Casa de Cultura de Arzúa, situada á saída da vila xunto á estrada que vai a Santiago
Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego,