Skip to main content

O próximo fin de semana Xinzo celebra o entroido

As celebracións do entroido comezarán o sábado ás 20.00 horas co tradicional baile de disfraces, que nesta ocasión estará animado polo trio musical Talismán.
Haberá concurso de difraces, repartíndose os premios da seguinte maneira:
Colectivo: 1º 120 € , 2º 80 € e 3º 60 €
Individual: 1º 60 € , 2º 40 € e 3º 30 €
O Domingo a partires das 17.00 horas haberá xogos e diversión para todos os nenos que veñan disfrazados, desfilando polo auditorio, e despois participando en tres grandes piñatas, dividindo os nenos en tres grupos de idades.
Finalmente, coma tódolos anos faráse o enterro da sardiña, así coma a procesión coas viúvos e viúvas, co acompañamento musical de compoñentes da Banda de Música Xuvenil de Xinzo.
Está previsto que se percorra as inmediacións do Centro Cultural Xinzo a partires das 19.30 horas, rematando o entroido deste ano cunha espectacular queima da sardiña.
Desexando a maior difusión destes actos e contando coa súa colaboración, reciba un saúdo.
Roberto Leándrez Represas (coordinador do Centro Cultural Xinzo)