Arrincan as actividades do XXIII Festival Intercéltico do Morrazo con exposicións e obradoiros
As actividades do XXII Festival Intercéltico do Morrazo, organizado pola Concellería de Cultura e Patrimonio do Concello de Moaña, arrincan nesta localidade pontevedresa coa posta en marcha dunha serie de obradoiros centrados na aprendizaxe da percusión, gaita, baile galego e mais baile bretón, irlandés e escocés. Figuras de sona como Alberto Costas, Diego Mariño, Sergio Cobos ou Jesús Cancelas impartirán as clases no Centro Cultural Ramón Cabanillas.
O programa previo ós concerto, que se inician o venres 28 de xullo, inclúe ademáis varias mostras de imaxes antigas que nos mergullan na historia da vila de Moaña dende principios do século XX e repasan a traxectoria do Festival Intercéltico. A través de máis dun cento fotografías, o espectador pode realizar un percorrido pola música tradicional do noso país.
As imaxes foron cedidas por Chiño (Bar con Uve), a Agrupación Nós e o fondo fotográfico da mostra de cuartetos da Asociación Cultural Picuíña de Marín. Están expostas durante toda a semana no Bar Con Uve da rúa Abelendo e no Café Fox, a Cafeteria-Pool Arroás e a Cafetaría El Paseo da rúa Concepción Arenal.
Inmersión na cultura celta
Cos obradoiros de música e baile tradicional, o Concello de Moaña pretende que xente de todas as idades poida achegarse ás diferentes manifestacións da cultura celta ou perfeccionar as súas destrezas nestes eidos. Como peche das xornadas, realizarase unha xuntanza nas pistas da Praza para que os alumnos poidan amosar os coñecementos adquiridos durante os cursos previos ós concertos do XXII Festival Intercéltico do Morrazo.
As clases de percusión, impartidas por Alberto Costas, desenvolveranse entre as 18.00 e as 20.00 horas, mentres que o sábado o horario será de 19.00 a 20.30 horas. Da man de Diego Mariño, os interesados no mundo da gaita poderán achegarse a este instrumento o mércores e o xoves entre as 20.00 e as 22.00 horas, o venres de 20.00 a 21.30 horas e o sábado a partir das sete e media da tarde ata as oito e media.
Jesús Cancelas encargarase do obradoiro de baile bretón, irlandes e escocés en horario de 20.00 a 22.00 horas dende o mércores ata o venres 28, para comezar o sábado ás sete da tarde e ata as oito e media. O xoves día 27 inícianse pola mañá, de 12.00 a 14.00 horas, as clases de baile galego, que continúan pola tarde de cinco a sete con Sergio Cobos. O venres o horario será de 18.00 a 19.30 horas e o sábado de 17.00 a 19.00 horas.
A inscrición nos obradoiros é totalmente gratuíta e pode formalizarse acudindo ó Concello de Moaña ou nos teléfonos 605 094 203 e 986 324 358.
Máis actuacións e concertos
A programación ideada polo Concello de Moaña para celebrar o XXII Festival Intercéltico do Morrazo componse dunha ambiciosa axenda que complementa os concertos centrais do evento.
O xoves día 27, Tanxarina Títeres porá en escena a obra Os Narigudos, mentres que os contacontos Codia e Miolo protagonizarán o venres 28 representacións inspiradas no Intercéltico, diante do palco do paseo marítimo, ás 21.45 horas. O grupo moañés Fiandola, os portugueses Brigada Víctor Jara e as pandereteiras Leilía actuarán a partir das 22.30 horas sobre o escenario do XXII Festival Intercéltico do Morrazo, que pechará a primeira xornada cunha foliada posterior.
Un pasarrúas a cargo de Os Chaneiros de Marín abrirá o sábado 29 pola mañá as actuacións tradicionais, que continúan ás nove da noite nas pistas da Praza co baile das formacións moañesas A. F. Breogán e A. C. F. Solaina. Treixadura, a banda belga Camaxe e Os Cempés, de Ferrol, faranse cargo da festa sobre as táboas do paseo marítimo antes doutra nova sesión de foliada.
O domingo 30 tamén hai pasarrúas matinal coa Banda de Gaitas Tromentelo, de Cangas, e a Fanfarria Nossa Senhora de Ajuda, chegados dende o país veciño. O baile tradicional correrá ó cargo de Meiramar-Axóuxeres (Moaña) e Lembranzas da Ría (Aldán) dende as 20.30 horas, para dar paso ós contacontos Codia e Miolo. Os moañeses MacFeck e a banda galega Berrogüeto poranlle logo un peche excepcional ó XIII Festival Intercéltico do Morrazo.
www.festivalinterceltico.com

Departamento de Cultura do Concello de Moaña (Pontevedra)