Skip to main content

A feira de artesanía Mostrart abre ao público nos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña) do 29 de xullo ao 13 de agosto

A maioría dos expositores proveñen de toda Galicia, excepto cinco de Andalucía, invitados a través da Federación de Artesáns de Andalucía, e un de Madrid.

Como nas últimas edicións, a Asociación Galega de Artesáns, entidade organizadora da feira, propicia a participación de algúns artesáns durante a primeira ou a segunda semana, conseguindo un maior número de expositores no mesmo espacio.

Esta fórmula de participación permite disfrutar dunha feira máis
variada e atractiva para o público, que encontrará diferentes artesáns cada semana.

Mostrart é a cita máis importante do ano para os profesionais da
artesanía de Galicia, e unha das feiras de artesanía con máis
prestixio de toda España.

A feira está enteiramente organizada pola Asociación Galega de
Artesáns, que conta ca colaboura do Concello de A Coruña, a Deputación Provincial, a Cámara de Comercio, Industria e Navegación e a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia.
O presuposto da feira supera os 57.000 euros.

Este ano a organización ensaia un novo tipo de montaxe deseñado e
construído na Coruña que se agarda que sexa adoptado para futuras
edicións. As novas casetas deixan máis espazo libre para os
visitantes, ofrecen mellores condicións de seguridade e melloran o espazo de exposición para os artesáns.
Asociación Galega de Artesáns