Pesca anuncia unha inversión de 100.000 euros en Acui 2006
A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, anunciou hoxe que o departamento que dirixe investirá 100.000 euros na segunda edición de Acui, que da comezo o día 5 de setembro. No transcurso dunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo presidente do Consello Regulador do Mexillón
de Galicia, Ramón Dios, e o presidente da Asociación de Produtores de Rodaballo de Galicia (Aroga), Pablo García, a responsable de Pesca da Xunta salientou o feito de que “imos estar sempre aí para apoiar unha feira que xurde e organiza o propio sector”. Neste senso, valorou positivamente o acordo acadado onte entre os empresarios acuícolas e os organizadores da feira, que permite ao sector ostentar o 66% do accionariado de Acui: “Xa que tal e como manifestei en diversas xuntanzas, na organización da mostra debía estar moi presente o sector
acuícola, tanto na súa organización como nos seus contidos, periodicidade, etc.”.
Ademais do investimento de 100.000 euros, “cuantía que se irá revisando ano a ano”, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos estará presente nesta edición cun stand de 100 metros cuadrados no que os visitantes poderán atopar información sobre as actividades do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), a nova campaña de promoción do mexillón galego e todas as novidades sobre o Congreso Internacional de Acuicultura, que se celebrará o próximo ano en Galicia.
Asimesmo, Pesca desenvolverá seminarios técnicos sobre investigación en acuicultura mariña, os obxectivos no marco dun desenvolvemento sostible e a transferencia de tecnoloxía ao sector acuícola. Da mesma forma, os poñentes destas xornadas analizarán a situación e perspectivas de I+D no sector piscícola galego. Por último, ofreceranse desgustacións de diversos
produtos do mar como mexillón, linguado europeo, abadexo ou ollomol.
Acui 2006, que a Conselleira de Pesca inaugura o martes 5 de setembro no recinto ferial de Fexdega (Vilagarcía de Arousa), ocupa unha superficie total de 6.000 metros cadrados e conta coa participación de 150 firmas, superando así as 118 que tiveron representación na mostra o pasado ano. Tamén se espera superar nesta edición a cifra de 6.000 visitantes que en 2005 viaxaron, dende 36 países de todo o mundo, para asistir á cita galega.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia