O Porriño celebra os festexos patronais do Cristo 2006 cun programa amplo e variado no que se leva a festa e a cultura á rúa
O alcalde do Porriño, Raúl Francés, e a concelleira de Festexos, Josefa Sío Lourido,
presentaron en rolda de prensa as Festas do Cristo 2006, unha nova edición dos
festexos patronais da vila, que se desenvolverá do 21 de setembro ao 1 de outubro.
Estiveron acompañados por Marga do Val, escritora de Mosende (O Porriño) que este ano oficiará de pregoeira.
A programación das Festas do Cristo destaca por ser ampla e dirixida a todos os públicos.
Raúl Francés salientou que “presentan un modelo participativo, con multitude de
actividades que se desenvolven nas rúas”. Josefa Sío Lourido destacou que se coidou moito que houbese actos para todas as idades, aumentando a presenza de bandas de música pensando nas persoas maiores, e un reforzo dos concertos e actividades para a mocidade.
A Festa do Cristo bota a andar o xoves 14 cunha exhibición da Escola Municipal de Bailes de Salón, ás 21:00 horas na praza Arquitecto Antonio Palacios. Xa a partir do xoves 21 comezan as actividades continuadas. Ese mesmo día inaugúrase a exposición “Unha ollada no tempo II”, que reúne fotografías antigas do Porriño. O venres 22, terá lugar o Encontro de Rock Porriñés, no que participarán seis grupos locais.
A maior parte das actividades desenvolveranse nas rúas. Os escenarios principais serán na praza Central, o parque do Cristo e a praza Arquitecto Antonio Palacios (diante do Concello). O sábado 23 é o primeiro dos días grandes da festa. Pola mañá e pola tarde a animación de rúa encherá a vila de bo ambiente con charangas, teatro, malabares, cabezudos, etcétera. Pola noite, será o turno da verbena, coa actuación dunha banda de música e unha orquestra. Logo da medianoite comezará a “Festa da Xuventude”, coa actuación de “Os Festicultores” e do grupo de percusionistas de Braga Tambombo Tarimba.
O 23 será tamén o día do pregón. Pronunciarao a escritora Marga do Val, natural de
Mosende (O Porriño) ás 21:00 horas dende o balcón da Casa do Concello. A pregoeira afirmou que “agradezo que pensaran en min para ler o pregón, que é algo ao que unha veciña de aquí non se pode negar”. Tamén destacou que “me alegro de que é marabilloso ver un programa con preocupación pola lingua e porque todas as horas do día estean ocupadas, e tamén que unha festa en principio relixiosa se convirta nunha festa para todo o mundo”.
O domingo 24 de novo haberá animación de rúa e verbena, ademais da tradicional Misa do Santísimo Cristo da Agonía. Á noite terá lugar o concerto “Reague das Linguas”, coa actuación de Café Cachaça e Renato Spencer.
O luns 25, festivo local, volve a verbena e a animación de rúa, ademais da misa de campaña que se celebrará na capela do Cristo. Á noite celebrarase un concerto de funk, co grupo galego Loretta Martin, e presentado polo contacontos Cándido Pazó. A media noite terá lugar a tirada de fotos artificiais.
O venres 29 o Polideportivo Municipal acolle o concerto estelar das festas. O grupo barcelonés Macaco, formado por músicos de varios países, interpretará a partir das 23:00 horas os seus temas máis famosos nun concerto gratuíto e con aforo limitado. Actuará de teloneiro o grupo porriñés de rock El Cubo.
O sábado 30 a actividade central será a Festa da Lingua, un compendio de actividades ao redor da lingua galega que se desenvolverá ao longo de todo o día. Nos soportais da rúa Ramón González poderán verse unha mostra de iniciativas asociativas e empresariais co galego como sinal de identidade. Á tarde terá lugar o acto de ceiba de libros ou “bookcrossing”, que consistirá en “liberar” libros en lingua galega en diferentes lugares da vila para que encontren novos lectores. O acto estará presentado por Xurxo Souto e Marga do Val. Ademais da animación de rúa e a verbena, este día pecharase coa actuación de Lamatumbá, un dos grupos galegos máis divertidos e exitosos dos últimos anos.
O domingo 1 de outubro é o día da cita gastronómica porriñesa: a Festa dos Callos. Será dende as 11 da mañá na praa de San Sebastián, acompañada de animación de rúa. O pregoeiro será Francisco Javier Rodríguez, policía local do Porriño e actual campión de Europa de ciclismo de Policías e Bombeiros.
Ese mesmo día celebrarase pola mañá a Festa da Bicicleta. Pola tarde, a Banda de Música Municipal do Porriño e a Coral Os Penediños de Atios estrearán o tema “A pedra que fala”, composto para a ocasión. Trala animación de rúa e a verbena, terá lugar a tirada de bombas de palenque que porá fin a unha nova edición das festas.

Moisés Álvarez Jorge (Responsable de Prensa do Concello do Porriño)