Quintana destaca a posta en marcha da carta de servizos nas residencias como un exemplo da aposta da Vicepresidencia pola mellora da calidade asistencial
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, salientou que o Goberno galego quere primar a calidade e a atención aos maiores na prestación dos servizos sociais, tal e como corresponde a unha Administración moderna e eficaz. Quintana explicou que con este obxectivo a Vicepresidencia vén de poñer en marcha a Carta de Servizos en todos os centros residencias da Xunta de Galicia, unha iniciativa pioneira no Estado español que pon de manifesto a clara aposta do Goberno galego pola calidade asistencial aos maiores. O vicepresidente fixo estas declaracións en Expourense, durante o acto de presentación de Galisenior 2006, que se desenvolve os días 17 e 18 de novembro.
A Carta de Servizos publicouse no Diario Oficial de Galicia o 26 de outubro e supón un contrato cos usuarios dos centros residenciais, un marco de referencia no que se establecen os dereitos dos usuarios e os compromisos mínimos de calidade na prestación de servizos. En canto aos dereitos que teñen os usuarios, Quintana destacou o dereito de acceso aos centros, a prestación dunha asistencia sen discriminación e cun trato digno, o dereito a coñecer os prezos dos servizos, ter acceso ao libro de reclamacións, unha programación de actividades axeitada ou dispor dos coidados necesarios en caso de dependencia ou invalidez. O vicepresidente indicou que con este documento se corrixe un déficit democrático importante, xa que ata agora estas cuestións carecían da base xurídica que os convertera nun dereito real.
As cartas recollen ademais a relación de servizos que teñen que prestar os centros residenciais para garantir unha atención de calidade, facendo referencia ao aloxamento e á manutención, a atención sanitaria e coidados asistenciais ou a atención social e ocupacional. Quintana salientou que este instrumento deixa claro o firme propósito da Vicepresidencia de converter os asuntos sociais nun dereito dos cidadáns e non nunha cuestión de caridade paternalista por parte da Administración.
Actuacións
Quintana lembrou que a Carta de Servizos nos centros residenciais contribúe á mellora na calidade de vida dos maiores, ao igual que outras iniciativas emprendidas pola Vicepresidencia. Reiterou que dende a chegada ao Goberno, unha das prioridades é “cambiar a situación coa que nos atopamos”, derivada da “pobre herdanza” que deixou a Administración anterior en materia de servizos sociais para as persoas maiores.
Á parte da Carta de Servizos, Anxo Quintana explicou outras actuacións postas en marcha neste ano de goberno: a creación de cinco novas residencias en colaboración coas caixas de aforros galegas –suporán a creación de 750 novas prazas residenciais e 300 de atención diúrna-, a execución do Plan Integral de Mellora dos centros públicos –incrementará en máis de 1.100 o número de prazas para dependentes nas residencias titularidade da Xunta-, a posta en marcha da Rede de Centros para a Atención de Enfermos de Alzheimer e outras demencias, a construción de máis de 50 centros de día en toda Galiza ou a extensión do servizo de trasporte adaptado por toda a xeografía galega.
Galisenior
O vicepresidente da Xunta destacou a importancia de Galisenior 2006, ao tratarse dun foro de proxección internacional, de transcendencia tanto para o sector como para os usuarios, e que contribúe ademais á dinamización socioeconómica da provincia de Ourense. Lembrou o gran crecemento que experimentou o Salón respecto doutras edicións, tanto por espazos como por contidos, xa que este ano o “Salón dos Nosos Maiores” ocupará a totalidade do pavillón feiral de Expourense grazas aos expositores, os obradoiros e actividades de lecer e tamén a celebración do primeiro Foro Internacional de Xerontoloxía.
Quintana manifestou que Galisenior é unha grande oportunidade para proporcionarlle ás persoas maiores algo que é vital para eles hoxe en día, a información. Unha información que lles permita coñecer os programas dirixidos a eles, os servizos, os produtos e as tecnoloxías que poden contribuír a mellorar a súa calidade de vida. Sinalou que os maiores non son un grupo homoxéneo, senón que cada un ten as súas preferencias e as súas necesidades, polo que en Galisenior poderán atopar o que máis lles conveña.
Anxo Quintana explicou que este Salón encaixa perfectamente na finalidade da Vicepresidencia de lograr mellorar a calidade de vida dos nosos maiores, proporcionándolles os coidados que precisan e promovendo ao mesmo tempo a súa autonomía persoal. O vicepresidente lembrou o obxectivo do Goberno galego de non confinar unicamente aos maiores en residencias, senón que pretende prolongar o maior tempo posible a súa permanencia no seu contorno e nas súas casas.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia