Galicia promociona o campismo galego na feira turística de Essen
O director xeral de Turismo, Rubén Lois, xunto a outras autoridades locais inaugurou hoxe en Essen (Alemaña) a feira especializada en campismo e autocaravaning Reise, o certame máis importante de Europa nesta modalidade turística, no que Galiza é o país convidado de honra nesta edición.
Entre o 21 e o 25 de febreiro, Turgalicia instala un stand de 100 metros cadrados para a promoción dos acampamentos turísticos galegos nesta feira co obxectivo de incentivar a ocupación destes establecementos turísticos de cara ao vindeiro verán.
Este ano, Galiza acude a esta feira internacional de xeito especial, xa que é a convidada de honra neste certame e como tal terá amplas oportunidades para promocionarse, nun mercado no que exsiten máis de 3.000.000 de potenciais campistas.
PROMOCIÓN INTENSIVA
A participación intensiva na feira Reise de Essen enmárcase dentro da estratexia de promoción deseñada o pasado outono pola Consellería de Innovación e Industria e os representantes do sector do campismo, logo de que estes establecementos turísticos fosen uns dos máis afectados pola vaga de incendios forestais do pasado verán.
Así, entre as medidas acadadas entre a Administración autonómica e as asociacións de propietarios de acampamentos turísticos, estaba a participación nesta feira, a máis importante de Europa neste sector, xunto a outras actividades de promoción ao longo do ano 2007.
Ademais, como accións complementarias de promoción dentro deste certame, Turgalicia organizou a finais do mes de xaneiro unha viaxe de familiarización a Galiza de xornalistas e axentes de viaxes especializados en autocaravaning e camping, no que poideron coñecer o destino turístico e as posibilidades que ofrecen os acampamentos turísticos galegos para o mercado do oeste de Alemaña.
Galiza dipón na actualidade de 111 establecementos de acampamentos de Turismo que ofrecen un total de 34.431 prazas e constitúen un dos elementos máis importantes da oferta turística galega, dado os seus emprazamentos e a calidade das súas instalacións.
DESTINO ATLÁNTICO
Na súa intervención durante a inauguración, Rubén Lois, referíuse a Galiza como “un destino atlántico”, fronte aos outros destinos estatais, caracterizados polo mediterranismo.
Rubén Lois destacou a condición de Galiza como “destino atlántico peninsular do Estado español” e resaltou o “estilo de vida propio e as propostas turísticas orixinais” que caracterizan ao noso país.
O director xeral comentou que Galiza é, ademais dun destino de sol e praia, con 1.300 quilómetros de costa, “un destino de natureza e cultura”. Segundo dixo Lois, o 20% dos turistas que visitan Galiza buscan precisamente os seus paraxes naturais e a súa riqueza cultural.
En canto ao sector do campismo, o director xeral de Tursimo, lembrou o especial emprazamento dos acampamentos galegos, situados ás veces en parques nacionais, como o das Illas Atlánticas de Galicia, ou no contorno de parques naturais, como o de Corrubedo. “Trátase de establecementos de calidade e con múltiples presentacións nos que a natureza está sempre presente”, afirmou Lois.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia