Skip to main content

24 adegueiros participan na XXVII Feira do Viño de Amandi, en Sober

Un total de 24 adegueiros participan na XXVII edición da Feira do Viño de Amandi para o que se mantivo unha nova xuntanza do comité organizador da XXVII edición da Feira do Viño de Amandi para avanzar os preparativos do novo certame, que este ano se celebra os días 31 de marzo e 1 de abril. Deste xeito, quedou configurada a lista de adegueiros participantes nesta edición cun total de 24 adegas, cifra similar a de anos anteriores.

Como en pasadas edicións os adegueiros deberán aportar unha cuota de 120 euros e dúas caixas de viño para participar no evento que se desenvolverá baixo unha carpa como medida de prevención ante posibles inclemencias meteorolóxicas. No referente o prezo da botella en venta será dun mínimo de cinco euros.

Outro dos aspectos tratados na reunión foi o servicio de transporte que se puxo en funcionamento o pasado ano e que nesta edición manterase cun autobús que se desprazará desde Monforte cun horario mais amplo que na pasada edición. A comisión organizadora da feira abordou igualmente outros asuntos como a realización de actividades paralelas ó evento ou a presentación do cartel promocional do que se informará nos vindeiros días.
Concello de Sober