Skip to main content

Santiago de Compostela acolle a VII Feira Primavera

Primavera celebra a súa VII edición en Santiago de Compostela entre o 13 e o 15 de abril. O principal atractivo da feira é o seu formato innovador, sorprendente e exclusivamente profesional, o que a convirten máis orixinal das que se celebran en España.

A feira proporciona un espazo de encontro entre fabricantes, a maioría deles caracterizados por realizar liñas de productos con deseños propios. Pequenas empresas de Galicia, outras Comunidades Autónomas e Portugal, que presentan unha oferta singular e diferenciada na que o denominador común é a calidade.

Na presente edición participan 71 expositores, cunha forte presenza da ourivería e os complementos persoais (marroquinería, textil…). Tamén estarán presentes os artígos decorativos, a cerámica ou o vidro.

A feira acolle este ano a exposición da segunda edición do proxecto Deseño e Artesanía, promovido pola Fundación Española para a Innovación da Artesanía, e ca colaboración da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Este proxecto consistiu no traballo de 50 deseñadores con 50 artesáns de Extremadura, Cantabria, Asturias e Galicia. A exposición presenta os prototipos conseguidos gracias a este diálogo.

A feira Primavera e a exposición Deseño e Artesanía poderán ser visitadas gratuitamente durante os días 13, 14 e 15 de abril no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (San Lázaro, Santiago de Compostela).

Inauguración, venres 13 de abril ás 12 h.
Horario ininterrumpido: venres 13 de abril de 12 a 21 h.
sábado 14 e domingo 15 de abril, de 10:30 a 21 h.
Listaxe completo de expositores e máis información en: http://www.primaveranorte.com
Primavera, feira norte do regalo