Skip to main content

Varios gallegos han sido premiados en el Gourmetquesos

As empresas galegas presentes no XXI Salón Internacional do Club de Gourmets fan unha valoración “moi positiva” dos resultados obtidos pola súa participación no Certame. “Realizáronse entre 10 e 15 contactos directos diarios, como media, con clientes potenciais, que non só degustaron os produtos, senón que se interesaron pola distribución, packaging e outras características do mesmo”, explican os expositores. “Se desas relacións só un 10% se convirten en clientes, xa valeu a pena estar aquí”, afirman.

Galiza protagonizou o Obradoiro dos Sentidos como comunidade autónoma convidada deste Certame, que se clausura na tarde de hoxe, xoves 19, no Recinto Feiral Casa de Campo de Madrid. A comunidade galega estivo tamén presente no Salón como expositora, cun stand no que espuxeron os seus produtos 21 empresas agroalimentarias e 9 relacionadas coa pesca e a acuicultura.

Para os expositores, este Salón está “moi orientado ao mercado nacional” e atrae a un cliente “máis de pequenas cadenas de alimentación que de grandes superficies”, da zona de influenza da Madrid. As empresas galegas aproveitaron o Salón para presentar produtos novos, como varios viños de bodegas pertencentes ás DD.OO. Ribeiro, Rías Baixas e Valdeorras, castañas precociñadas, asadas ou cocidas, paté de castañas e outros. Ademais, moitos deles tiñeron a oportunidade de aproveitar o Punto de Encontro de Negocios do Salón para incrementar os contactos comerciais.

Galiza pechou a súa presenza no Salón cunha cata vertical de viños da D.O. Rías Baixas, na que se cataron distintas añadas do mesmo viño, o que permitiu comprobar a evolución destes caldos, tradicionalmente considerados do ano, no tempo, tras o seu paso por barrica.

Pola súa banda, os Consellos Reguladores galegos destacaron a importacia das visitas dos colexios ao Obradoiro dos Sentidos, “posto que é necesario educar o padal dos máis pequenos, para ter futuros consumidores dos produtos de calidade”. Así mesmo, ao Salón acudiron hoxe, xoves, os representantes das queixerías galegas que gañaron os premios de Gourmetquesos, para recoller os seus premios.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia