O director xeral de Estruturas visitou o Salón de Denominacións de Orixe e Delicatessen de Vigo
O director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Consellería de Pesca en Vigo, Ángeles Montero López visitou as instalacións do IV Salón de Denominacións de Orixe e Delicatessen, que se celebra no Instituto Feiral de Vigo. Durante o seu percorrido, o director xeral e maila delegada puideron achegarse aos expositores das empresas, asociacións e agrupacións galegas de produtos do mar, que lle trasladaron a súa experiencia nesta feira.
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos está presente este ano nesta mostra cun stand institucional de 100 metros cadrados. Neste espazo, os asistentes a este salón gastronómico poden degustar produtos pesqueiros como a volandeira e o mexillón de Galicia, recentemente coroado coa Denominación de Orixe Protexida. A Confraría de Cangas e o Consello Regulador do Mexillón colaboran nesta iniciativa.
Ademais, aproveitando a participación do departamento de Pesca neste encontro, presentóuselle aos profesionais da restauración a marca de calidade para os produtos da baixura “PescadeRías”, que está a impulsar a Consellería de Pesca dende fai meses e que poderá atoparse nos puntos de venda o vindeiro mes de marzo. Este distintivo permitirá aos consumidores recoñecer os produtos do mar galegos con maior calidade que se atopan no mercado.
Para poder ampararse baixo este marchamo de calidade os produtos da pesca e o marisqueo deberán ser frescos ou preparados, extraidos en aguas da plataforma continental, situada entre as liñas que marcan a desembocadura do río Miño e do Eo, pola frota que sae e entra diariamente no porto e que captura os produtos con artes selectivas.
Os grupos de especies que poderán acollerse á marca seguindo estes requisitos son: as algas, os moluscos (bivalvos, cefalópodos, gasterópodos), os crustáceos, os equinodermos e os peixes.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia