Skip to main content

Adega celebra o Día do Medio Ambiente cunha actividade de educación ambiental

No roteiro realizaranse observacións de fauna e flora, recoñecemento do bosque de galería e do ecosistema fluvial, así como unha recollida de lixo nun punto intermedio do percorrido.
Realizarán o roteiro nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo do CEIP Colexiata do Sar, acompañados do Presidente de ADEGA, Xan Duro, e do responsábel da Area de Educación Ambiental da Asociación, Ramsés Pérez. Tamén acudirá unha representación do concello, a concelleira de Educación e Xuventude Elvira Cienfuegos e/ou a Concelleira de Medio Ambienta Marta Santullano.
A organización ecoloxista ADEGA quere chamar a atención sobre a importancia da Educación Ambiental como ferramenta fundamental para acadar unha sociedade na que o desenvolvemento económico, social e ecoloxico sexan compatibeis, así como denunciar unha vez máis o abandono da EGEA (Estratexia Galega de Educación Ambiental) por parte da Xunta de Galicia. Este documento froito do consenso etc..... foi asinado no vai xa catro anos e dende aquela fica esquecido, malia as reiteradas demandas dos colectivos implicados.
Pola contra, ADEGA valora moi positivamente a implicación das Concellerías de Medio Ambiente e Educación do Concello de Santiago na aplicación de políticas de Educación Ambiental, das que o impulso e consolidación do convenio de EA entre ADEGA e o Concello de Santiago supón unha boa mostra.
Convocase os medios de comunicación a esta actividade, as 11:15 – 11:45 na metade do percorrido, momento no que se fará a recollida de lixo do rio (xuntamos mapa co percorrido e o punto de encontro). O roteiro sairá as 10:00 de Aríns e chegará a 13:00 horas a santa Lucia.

Ramsés Pérez Rodríguez (Responsábel de Educación Ambiental de Adega)