Cantos dos reis no Hospital (Pedrafita do Cebreiro)
Ás cinco do serán, na igrexa do Hospital da Condesa, volven a soar os reises vellos do Cebreiro, na tradicional Misa de Reis coa que se pechaba o longo percorrido polas aldeas do Concello. Van estar presentes outro ano máis, a xunta directiva e membros da A. C. María Castaña de Lugo, que o pasado día 20 homenaxearon aos tamén veteranos reiseiros cos premios da XII edición dos premios “de cultura tradicional” que organiza e concede o Colectivo. A festiva xuntanza remata con festa e chourizada.
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies.
OKMás información