Skip to main content

Pesca participa na Mediterranean Seafood Exhibition de Rimini

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos participa na feira
internacional de produtos do mar “Mediterranean Seafood Exhibition” que se celebra en Rimini (Italia).

Nesta edición do certame, o departamento que dirixe Carmen Gallego, asiste cun stand de 320 metros cadrados e con el viaxan, como coexpositoras, un total de 13 empresas galegas vinculadas ao sector marítimo-pesqueiro.

Durante a fin de semana, visitaron as instalacións da Consellería a Asociación Europea de Depuradores de Moluscos, así como representantes do Goberno de Andalucía, entre outros, que puideron degustar os produtos do mar de Galicia que se ofrecían no stand de Pesca.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia