A feira Electroactiva presenta en Santiago as novidades en electrodomésticos

“ElectroActiva”, que está organizada polo Grupo Comercial Galego, GRUCOGA, responsable das cadeas Activa Galicia e Decoractiva en Galicia, está dirixida aos profesionais do sector dos electrodomésticos, informática e telefonía móbil e contará coa participación de preto de cuarenta expositores, entre os que se atopan os principais fabricantes do mundo. Ademáis a organización agarda superar o grao de participación co respecto aos anos anterioriores, estando invitados 2.000 establecementos do sector de electrodomésticos e mobles de cociña.
Esta feira sectorial, a única que se celebra en Galicia, presenta grandes novidades nesta nova edición. Ofrecerase a conferencia “Decisión para o éxito”, impartida polo ciclista profesional Óscar Pereiro, campión do Tour de Francia 2006, para compartir os valores e obxectivos e estratexias do deporte comúns aos da empresa e os negocios. Amais, Electroactiva ofrecerá un show cooking en directo da man do recoñecido cociñeiro Rafael del Castaño, profesor do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
Observador da Distribución- tendencias nacionais do consumo
Os asistentes poderán presenciar demostracións dos produtos, contactar cos representantes das marcas e con outros establecementos do sector. Ademais, no marco desta feira, vai presentarse un estudo anual de referencia para o sector, titulado “O observador da distribución”, que revela as tendencias nacionais de consumo, cara onde vai o mercado e os intereses dos consumidores.
GRUCOGA, agarda que esta nova edición de “Electroactiva”, consolidada xa como un certame profesional de referencia en Galicia, siga contribuíndo a sensibilizar á opinión pública sobre a influenza dos electrodomésticos nun consumo enerxético responsable e a importancia que neste contexto ten a elección adecuada de modelos máis eficientes.
Gabinete de Comunicación Quatroymedia