María José Vaamonde, elexida polo público no concurso de carteis da Festa do Queixo de Arzúa
O cuarto premio do concurso de Carteis da 34ª edición da Festa do Queixo de Arzúa xa ten gañadora, María José Vaamonde Quinteiro. A súa peza foi elixida en votación popular o pasado 11 de xaneiro entre as máis de 30 propostas.
María José Vaamonde, estudante de 16 anos de 1º curso de bacharelato no IES de Arzúa, pintou á man con cera o cartel gañador ao que titulou “O pensamento que une o país”. Este e todos os carteis presentados nesta edición pódense ver ata o 31 de xaneiro na exposición que se está a celebrar na Capela da Madalena de Arzúa.
Ademais deste cuarto premio, que obterá un agasallo especial da organización, o certame outorgará tres premios máis que obterán unha dotación económica de 600, 300 e 150 euros respectivamente. Para a entrega de premios celebrarase un acto especial, que se incluirá no Programa Oficial da 34ª Festa do Queixo de Arzúa.
A elección dos tres primeiros premios terá lugar a finais de xaneiro de 2009, mediante a valoración dun xurado cualificado designado pola Comisión “Festa do Queixo” cun único voto por persoa. O xurado valorará de xeito especial a creatividade da arte final, a relación co evento a través da nosa cultura e idiosincrasia e o impacto visual publicitario dos carteis. A peza elixida polo xurado como 1º premio será o cartel anunciador da 34ª edición da Festa do Queixo de Arzúa.
O Concello de Arzúa celebra tradicionalmente a Festa do Queixo de Arzúa na primeira fin de semana do mes de marzo, este ano dita celebración terá lugar os días 13, 14 e 15 de marzo.

Concello de Arzúa