O Concello tira da Semana Santa para promocionar turísticamente Ferrol
O Concello de Ferrol está decidido a incluir á cidade na axenda dos miles de cidadáns e cidadás que esta Semana Santa aproveitarán os días festivos para facer unha viaxe. E, con este obxectivo, o alcalde, Vicente Irisarri, e o concelleiro de Promoción Turística, Ramón Veloso, presentaban en formato catálogo a oferta de Ferrol para atraer a eses potenciais visitantes. Unha oferta que, co gallo da Semana Santa, declarada de Interese Turístico Nacional, convertirá a Ferrol na cidade máis atractiva de Galicia. Pero, ¿que ofrecerá a urbe naval durante estes días? Procesións, con visitas guiadas a unha cofradía para achegarse aos preparativos desta celebración relixiosa; rutas cargadas de patrimonio cultural, arquitectónico e historia; citas deportivas; ocio para os máis pequenos; menús gastronómicos de primeira... Un programa para tódolos públicos que a cidadanía pode consultar xa a través da páxina web do Concello (www.ferrol.es) e das máis de 50.000 guías editadas pola institución local.
Unhas guías que, como ben apuntou Ramón Veloso, non se quedarán unicamente nas tres oficinas de turismo que o Concello habilita estes días para dar información ao cidadán, senón que se están a distribuír en toda España, con especial incidencia nas comunidades do Norte. E, neste punto, o edil quixo agradecer a colaboración da peña asturiana Les Fabes, que está a prestar un soporte extraordinario neste cometido. Pero tamén a Feve, compañía que colabora activamente co Concello para lograr esa afluencia turística buscada.
Respecto ás oficinas, Ramón Veloso apuntou que, amáis da sede central ubicada na rúa Magdalena e á oficina emprazada no peirao de Curuxeiras, o Concello disporá dun stand con cumprida información no XII Salón do Cabalo de Ferrol-Equiocio 2009, que se disputará durante estes días na cidade. Destacou así mesmo a línea de colaboración aberta coa ONCE, que permitirá facer accesible as tres oficinas para aquelas persoas invidentes.
Máis polo miúdo e respeto do programa de actividades incluído na guía, Ramón Veloso apuntaba que recolle dun xeito pormenorizado tódolos actos litúrxicos, procesións e actividades que van a desenvolver as diferentes confrarías na cidade. Cos horarios e percorridos, así como cunha enumeración dos pasos e imaxes que serán portadas polos cofrades. Lembraba neste punto o convenio que acaban de suscribir Concello e Coordinadora de Confrarías para apoiar e promocionar de xeito estable a celebración destes actos. A eles se unirá o XII Salón do Cabalo de Ferrol-Equiocio 2009, que esta edición anticipa a súa chegada ao día 3 de abril.
Outra das iniciativas que vai pór en marcha o Concello, segundo explicaba Ramón Veloso esta mañá, son as visitas guiadas. Seis rutas dirixidas polo municipio ferrolán que permitirán ao viaxeiro coñecer o Arsenal Militar, a ría de Ferrol en barco, o propio barrio da Magdalena ou o Castelo de San Felipe. Tamén, a ruta Torrentiana e o Teatro Jofre. E mesmo un percorrido polas entrañas da Semana Santa a través da aproximación aos traballos previos que se desenvolven no local dunha das cofradías da cidade, tal e como avanzaba ao comezo o edil. E, ao fío, explicou que os puntos de encontro para as visitas ao Arsenal e á ría estarán na oficina de turismo de Curuxeiras e o resto, agás a do Castelo de San Felipe, terán como lugar de saída a oficina de turismo do centro, na Magdalena.
Outro dos atractivos que ofrecerá Ferrol nos próximos días vén da man do Plan de Dinamización do Produto Turístico de Ferrol-Eume e Ortegal, que porá en marcha unhas novas audioguías coas que percorrer a arquitectura modernista da cidade. Así, o Concello porá a disposición dos visitantes vinte MP3 con explicacións das características dos edificios modernistas ubicados no barrio da Magdalena e que estarán dispoñibles en varios idiomas. A elo se sumarán a ampla e variada oferta de exposicións e mostras que se poden visitar actualmente nos diferentes museos e centros culturais da cidade.
A gastronomía será outro dos pratos fortes deste ambicioso programa. Así, e segundo apuntaba Ramón Veloso, máis de 50 mesóns, restaurantes e tabernas da cidade ofrecerán ao visitante menús especiais para este tempo. Locais que se emprazan no propio casco histórico da Magdalena e Ferrol Vello pero tamén nos barrios de Esteiro e Ultramar. E, para os máis novos, as actividades de ocio e lecer chegarán da man de Os Sabactivos e do programa de ocio nocturno Ardora.
Finalmente, tanto o alcalde da cidade como o edil de Promoción Turística avanzaron que a festividade de Chamorro marcará o punto de arranque dun novo programa de traballo para a Semana Santa 2010. Un ano, o que vén, marcado pola celebración do Xacobeo. Unha oportunidade única, aseguraron, para mostrar ao resto do mundo as excelencias dunha cidade como Ferrol.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol