Gran éxito da I Festa House “Tuytú”
Unha espectacular decoración con xogos de luces e laser xunto ao son crearon un ambiente único do que disfrutaron centos de persoas. A praza chegou a estar completamente ateigada con xente de todas as idades que se deu cita para disfrutar e bailar ao son de Dj Botz & FlyDrums, Dj Mario Pérez e Dj Trillo.
A Festa que transcorreu con total normalidade levou ata Tui a centos de persoas que fixeron lembrar os bos momentos da movida tudense vividos hai uns anos. Esta iniciativa organizada por dez locais da zona monumental coa colaboración da Concellería de Cultura cumpriu sobradamente as expectativas fixadas na mesma. Hai que salientar tamén a ausencia de incidentes e o cumprimento estritos do horario de peche da Festa.
Dende a Concellería de Cultura quérese amosar por unha banda a súa felicitación aos locais organizados por este iniciativa e polo éxito e bo desenvolvemento do mesmo. Ao tempo o responsable da Concelleira agradece o comportamento cívico rexistrado na noite do domingo por todos aqueles que se achegaron a disfrutar tanto desta Festa House coma da “movida tudense” xa que afortunadamente non hai que lamentar ningún tipo de incidentes nin danos no mobiliario urbano.
O éxito acadado nesta primeira edición fai pensar que a Festa House “Tuytú” poderá volver celebrarse o próximo verán.
Dende a Concellería de Cultura quérese tamén amosar o seu agradecemento pola colaboración aos veciños, á Policía Local, á Garda Civil, e á Radio Municipal de Tui.

Concello de Tui