Skip to main content

Pesca promociona os produtos galegos na Feira Anuga (Colonia)

A consellería do Mar, representada polo Director Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro promociona os productos da pesca e da acuicultura, en especial a conserva e o conxelado na Feira ANUGA, que se está a celebrar en Colonia, Alemaña, dende o sábado 10 de outubro e ata o 14.

O stand da Consellería do Mar abarca unha superficie de 157,50 metros cadrados e está formado por coexpositores de 10 empresas diferentes. Trátase dunha das feiras máis grandes do mundo dedicadas ao sector das bebidas e da alimentación. Na súa 30 edición, este evento bienal, acolle 10 feiras especializadas en diferentes ámbitos do campo da alimentación baixo un mesmo teito.

O posto da Xunta de Galicia engloba a empresas do ámbito da conserva e do conxelado como son ANFACO, C&M EXPORT-COFIMAR, Calvo Congelados, Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Conservas Antonio Alonso, Conservas Antonio Pérez Lafuente, Hijos de Carlos Albo, Ignacio González Montes, Industrias Cerdeimar e ORBE.

A citada feira acolle 6.607 expositores que proveñen de 95 países diferentes. O orzamento que dedica a esta feira a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, ascende a 187.000 euros.
Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia