O galego chega a Berlín para participar nun gran escaparate mundial
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria participa na Expolingua Berlín 2009, un dos maiores escaparates das linguas no mundo. Na súa vixésimo segunda edición, esta feira internacional das linguas conta cun total de 204 expositores, a través dos que están representados 31 países.
A Xunta de Galicia conta cun expositor no que se lles ofrece información aos visitantes sobre os cursos de galego para os estranxeiros, sobre recursos e materiais en lingua galega que poden atopar no mercado e na rede ou acerca da historia e da situación actual do idioma. Así mesmo, as persoas que se acheguen ao espazo de Galicia tamén poderán coñecer de preto o funcionamento e os programas de aprendizaxe que ofertan os centros de estudos galegos que funcionan nas universidades alemás de Berlín, Heidelberg, Tubinga e Kiel.
Numerosos escolares de diversos lugares están a visitar a Expolingua, un encontro que conta cunha asistencia media anual de 15.000 persoas. Expolingua está aberta ao público en xeral, en horario de 10:00 a 18:00 horas, malia que entre os seus visitantes se atopan, maioritariamente, estudantes, profesores, catedráticos, tradutores e intérpretes. Polo que atinxe aos expositores, participan desde administracións públicas ata universidades, escolas de idiomas, embaixadas, institutos de cultura, editoriais e fabricantes de software especializado na aprendizaxe e tradución asistida por ordenador, entre outros.
Actividades paralelas
A feira internacional de linguas de Berlín tamén lles ofrece aos visitantes a posibilidade de participar en obradoiros, presentacións, cursos de idiomas (na imaxe, participantes do curso de galego que tivo lugar hoxe pola mañá) e proxeccións de películas, entre outras actividades.
Promoción da diversidade lingüística
As expolinguas constitúen espazos de encontro de diversas institucións lingüísticas de todo o mundo e mais entidades de formación en idiomas, cuxo obxectivo prioritario é o de favorecer o intercambio e a promoción da diversidade lingüística, así como dar a coñecer ferramentas e posibilidades de aprendizaxe aos visitantes.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia