Asinado o convenio para a promoción da Arte Contemporánea galega na Feira Internacional Espacio Atlántico de Vigo
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director adxunto de Scarpellini Proyectos S.L., Ignacio Scarpellini, asinaron o convenio de colaboración para a promoción e difusión da arte e dos artistas galegos dentro da IV edición da Feira Internacional de Arte Contemporáneo “Espacio Atlántico”. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, achegará un total de 200.000 euros para o desenvolvemento destas accións conxuntas.
Roberto Varela subliñou que o a Consellería de Cultura e Turismo apoia este evento por tres vías, “a primeira vía mediante o apoio directo para a promoción dos creadores galegos a través da sinatura deste convenio; a segunda, apoiando cunha liña de axudas as galerías, posto que se comprometeron a levar entre as súas pezas a unha maioría de artistas galegos; e unha terceira a través do Museo do Mar”, financiado integramente pola consellería.
O conselleiro de Cultura e Turismo afirmou que esta axuda ten a función de “promocionar a arte en Galicia e aos artistas galegos a través dunha feira que temos a esperanza que se converta nun referente atlántico dentro das mostras de arte”. Segundo Roberto Varela é importante apoiar o mundo da arte “porque é parte da cultura pero tamén unha industria sensible, feble e moldeable e que polo tanto necesita apoio institucional”.
Scarpellini Proyectos S.L. dirixirá e organizará a Feira Internacional entre os días 14 e 17 de xaneiro de 2010 no Recinto Ferial IFEVI de Vigo e a presentación oficial será o día 8 de xaneiro no museo Marco. Este evento congregará a galerías españolas e estranxeiras que mostrarán en Galicia a obra (pintura, escultura, fotografía, gravado, vídeo, etc.) dos artistas máis acreditados da escena internacional.
En “Espacio Atlántico” participarán a maioría das galerías galegas e as máis importantes galerías de España e Portugal, onde segundo os seus organizadores contarase “cun altísimo nivel de expositores e se exhibiran grandísimas pezas”. Nesta liña, espérase que esta feira xere “un movemento artístico que sexa referencia mais ala de Galicia e da Rexión Atlántica”. Esta é a cuarta edición da feira, aínda que ata o de agora este evento se chamaba “Puro Arte”, e segundo os organizadores está servindo para “impulsar a arte galega e a imaxe de Vigo como centro cultural diante de todo o mundo”.
Convenio para a promoción do arte e de artistas galegos
O proxecto “Espacio Atlántico” pretende o fomento da cultura a través da arte contemporánea co obxectivo de reunir nun espazo de 12.000 m2, un total de 52 galerías de primeiro nivel que van mostrar as novas tendencias do arte actual. Ao mesmo tempo, difunde a imaxe de Galicia como xeradora deste acontecemento, conseguindo que se fale da Comunidade Autónoma dende un punto de vista cultural.
A Consellería, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, considera esencial o establecemento destas accións conxuntas, enmarcadas nas súas competencias de fomento da cultura e de creación e difusión cultural. O desenvolvemento do programa conxunto levarase a cabo mediante accións como a colaboración na difusión e promoción de autores galegos, facilitando a presenza de galerías de arte galegas.
Así mesmo, contempla a homenaxe a autores galegos de prestixio internacional da arte contemporánea, como a figura de Leopoldo Nóvoa; o fomento da relación cultural de Galicia con distintos países representados na Feira; o fomento do coñecemento e disfrute da arte contemporánea; o apoio ás novas tendencias das artes plásticas e da fotografía ou o impulso á comunicación cultural entre as Comunidades Autónomas representadas en “Espacio Atlántico”.
Doutra banda, Scarpellini Proyectos deberá recoller a imaxe da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2010 nas distintas accións de publicidade que se leven a cabo nos distintos medios de comunicación, prensa, radio, televisión e revistas especializadas, no catálogo-guía e na campaña publicitaria da Feira ou en calquera outra campaña promocional que se desenvolva. O convenio estende a súa vixencia ata o 30 de novembro de 2010.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia