Skip to main content

Feira de Oportunidades e Antigüidades en A Estrada

Nun ambiente cordial e distendido, tivo lugar na Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada unha xuntanza entre as directivas de ACOE e da propia Fundación para ultimar detalles organizativos do que será a edición conxunta da XXXI Feira de Antigüidades e Cousas Curiosas e IV Feira de Oportunidades, a celebrar no recinto feiral estradense os próximos días 5, 6 e 7 de marzo do presente ano.

Igualmente realizouse un estudo conxunto de temas relacionados coa publicidade, deseño da imaxe do evento, cartelería, etc...

Tendo en conta as boas relacións existentes entre ambas directivas, o obxectivo común que se pretende é canalizar un maior número de visitantes que xunto cos visitantes fieis cos que conta cada evento por separado, otorgaría maior pulo e diversidade o que redundará nun meirande volumen de negocio para as firmas expositoras e de atractivo para o público visitante.

Preto de tres mil metros de espacio expositivo e entorno a medio cento de expositores (nunha primeira estimación), farán as delicias do público asistente. O horario en que o recinto abrirá ao público é o habitual, de dez da mañán a oito da tarde, ininterrumpidamente. Existirá tamén un espazo de lecer para os cativos dotado de hinchables.

Unha nova oportunidade na que se presentará un elenco variado de obxectos: Decoración, calzado, textil, papelería, artesanía, antigüidades, selos, monedas, porcelana, libros, cadros, reloxios, obxectos en prata e ouro, mobiliario diverso, apeiros de labranza, etc...

Un espazo poliédrico onde se dan cita o pasado e o presente para seducir novamente a todos os visitantes tanto por calidade como por prezo.


Feira de Antigüidades e Cousas Curiosas