Skip to main content

A Festa da Terceira Idade de Palas de Rei, por primeira vez en Vilar de Donas

O sábado 31 de xullo esa é a data de celebración de dita Festa dos maiores que este ano presenta entre as súas novidades o cambio de ubicación dos actos de celebración, tendo lugar por primeira vez na Área Recreativa de Vilar de Donas, cando en anos anteriores viña tendo lugar no Pavellón Polideportivo Municipal. O feito débese as favorables condicións meteorolóxicas do verán unido a considerable riqueza paisaxística e medioambiental que ofrece a zona da área recreativa de Vilar de Donas.

Co fin de facilitar os desplazamentos dos asistentes o Concello de Palas de Rei habilitará un servicio de autobuses dende todas as parroquias a partires das 9:30 horas da mañán.
Todos os interesados en asistir deberán anotarse ben na Casa Consistorial ou ben donde o respectivo pedáneo do seu lugar de residencia.

O programa de Actos da comenzo as 13:00h con Misa Solemne seguida as 14:00h dun Xantar Campestre e xa as 18:00 os ritmos músicais que interprete unha orquestra amenizaran a xornada adicada os maiores.

Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei