Skip to main content

O presidente da Deputación de Lugo celebra o San Froilán Catalán

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Lugo celebran, xunto a miles de lucenses residentes en Barcelona, autoridades tales como o Alcalde da Cidade Condal, Jordi Hereu, e personalidades da vida social e cultural en Cataluña, o San Froilán Catalán. Trátase dunha festa que, dende hai 15 anos, organizan, no distrito barcelonés de Nou Barris, empresarios de Lugo residentes en Barcelona. Ó éxito que todos os anos acada este acontecemento é tal que xa está considerado, logo da Merced, como a segunda festa de maior importancia nesta cidade catalana. Deste xeito, durante esta fin de semana, milleiros de persoas xa acudiron a Praza Maior deste distrito redescubrindo a riqueza da provincia lucense. Segundo datos da Garda Urbana, o número de participantes superará este ano os 50.000.

Deputación e Concello de Lugo quixeron aproveitar ó éxito destes festexos para estrear fóra de Galicia o Barco Muralla de Lugo, a pioneira aula turística medioambiental que impulsa a economía lucense mediante a promoción dunha provincia cuxo 55% do seu territorio está avalado pola UNESCO grazas ás 3 Reservas da Biosfera, -Terras do Miño, Os Ancares, Río Éo-Oscos- Terras de Burón-; que conta con máis de 100 quilómetros de costa, e 800 quilómetros de Camiños de peregrinación sendo a provincia de España co maior número. No primeiro día no que a “embarcación” estivo sita no centro de Nou Barris, miles de persoas a abarrotaron mostrando o seu interese polo DVD sobre a riqueza natural de Lugo que realizaron a Fundación TIC, dependente da Deputación, e Iago Mazoy; así como polo libro Km0, a primeira publicación que “vende” Lugo na súa totalidade recollendo 127 rutas que discorren por todos os Concello lucenses.

Besteiro e Orozco amosaron a súa satisfacción logo do éxito acadado en Barcelona con esta iniciativa de Lugo10, o programa municipal que conmemora o 10º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade declarado pola UNESCO. Ambos os dous mandatarios, sinalaron que “xuntos, logramos que máis xente coñeza os tesouros de Lugo e, xuntos, seguimos xerando riqueza na provincia mediante a aposta conxunta polo medioambiente, a nosa oportunidade económica”.

Suma de esforzos

O lugar escolleito pola Deputación e Concello de Lugo para a estrea do Barco Muralla non é unha casualidade xa que preto de 180.000 galego viven no distrito de Nou Barris dos 300.000 residentes en Barcelona. Neste senso, o Presidente e o Alcalde destacaron “o esforzo dos veciños lucenses afincados en Cataluña por impulsar o súa terra: Lugo”, ó tempo que subliñaron que “coa suma de esforzos dos veciños dunha provincia unida, seguiremos xerando riqueza nun momento de crise económica como o actual”.

Dende o cambio de Goberno, a Deputación de Lugo sempre colaborou co San Froilán Catalán. Deste xeito, o organismo provincial comezou levando un “stand” turístico de Lugo; o ano seguinte, o Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, elaborou unha tala de San Froilán que, ademais de abrir a multitudinaria procesión de San Patrick en Nova York, protagonizou a procesión e a celebración relixiosa, principais actos deste domingo ós que acuden miles de persoas. Gómez Besteiro indicou que “o noso esforzo ten recompensa xa que, precisamente, os veciños de Cataluña son os principais visitantes da nosa provincia amosando o seu interese polo turismo de calidade que lles ofrecemos en Lugo”.

Como previo o San Froilán en Lugo, esta fin de semana, Nou Barris recuperou o tradicional estilo popular de Galicia con pasarúas, actuacións de grupos folclóricos e de recoñecidas orquestas galegas. Da mesma forma, os participantes xa desgustaron o polbo a feira chegando a esperar ata 2 horas para sentenciar que “E para comer Lugo”.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo