Skip to main content

Profesionais do sector xerontolóxico demandan en Galisenior unha eficiente coordinación sociosanitaria

Pecha as súas portas Galisenior, o único foro que propicia o encontro entre as persoas maiores, as súas familias e os traballadores do sector, que ten lugar bienalmente en toda Galicia.

A xornada do sábado estivo marcada por citas de carácter profesional tales como a reunión en asamblea do Colexio Oficial de Traballadores Sociais de Galicia que festexou en Expourense o seu 25ª Aniversario, e a continuación das Xornadas Técnicas sobre temáticas de actualidade.

A primeira mesa redonda do día centrouse en diferentes experiencias e técnicas na atención na vellez. As novidades presentadas versaron sobre os implantes cocleares en “adultos maiores” con pérdidas significativas de audición, todavía de escasa utilización en Galicia, o modelo sueco de atención á dependencia consistente en favorecer a privacidade e a flexibilidade na vida diaria dos usuarios co fin de facilitar a súa adaptación a un novo lugar de residencia, e a aplicacións das Tecnoloxías da Información e a Comunicación como alternativa á atención a domicilio.

O debate central da xornada prodúxose acerca da necesidade de mellorar a coordinación sociosanitaria. Os profesionais participantes aproveitaron o foro para demandar unha maior sinerxia entre os servizos sociais e a sanidade pública, co fin de dar resposta á realidades das persoas dependentes e as súas familias. Os relatores foron o presidente da Sociedade Espñola de Médicos de Residencias, Alberto López Rocha, o Vocal de Enfermería da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, José M. Pérez Fernández, e o Xefe de Servizo de Xestión Sociosanitaria da Xunta de Galicia, José Manuel Fernández García, exercendo como moderador o presidente do Comité de Galisenior e director do Programa de Maiores da Obra Social de Caixagalicia, Juan José Castro. A maioría dos participantes coincidiu na necesidade de que tódolos recursos dirixidos á atención a dependencia se deben xestionar interdisciplinariamente baixo unha dirección común e con procedementos claros, para conseguir que cada caso se trate e acolla no lugar máis axeitado, xa sexan persoas que presentan patoloxías agudas, crónicas, enfermedades mentais, entre outros, conseguindo en moitos casos reducir o gasto público. Uno dos exemplos expostos nos que se ten logrado unha maior eficiencia é a xestión da farmacia nas residencias privadas por parte de farmacéuticos dos hospitais públicos de Galicia, sendo este tipo de actuacións extrapolables a todo o ámbito dos servizos sociosanitarios.
A sesión de tarde das Xornadas Técnicas polas que pasaron uns 150 asistentes de Galicia e Portugal, acolleu a presentación de proxectos da Escola Superior de Tecnoloxía e Xestión de Lamego, coa que Expourense mantén unha importante relación de cooperación transfronteriza.

A clausura da parte científica de Galisenior plantexouse mediante obradoiros prácticos coma o da “Valoración Psicolóxica e da linguaxe” a cargo do Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña, ou unha actividade de Risoterapia organizada por Caixagalicia.

As asociacións de maiores de Galicia tamén tiveron unha oportunidade para expresar as súas opinións sobre o valor que aportan nas vidas dos seus asociados en particular e á sociedade en xeral. Agrupacións numerosas coma COGAMA- Confederación Galega de Organizacións de Maiores, SECOT, Seniors Españois para a Cooperación Técnica que denvolven a súa labor no apoio a emprendedores, a Unión de Pensionistas e Xubilados de Ourense ou o Grupo de Maiores de Telefónica, quen presentaron a súa experiencia acerca da motivación das persoas trala desvinculación laboral.

A sétima edición de Galisenior rexistrou a visita de 6.000 persoas maiores de diferentes localidades galegas e do norte de Portugal, tanto de entornos rurais coma urbáns que participaron activamente nas actividades. Así “O Salón Galego das Persoas Maiores” pecha a cita do 2010 demostrando que despois dos 65 anos existen múltiples posibilidades para manter unha vida activa e saudable, baseadas na prevención e na autonomía persoal, e instrumentalizadas gracias a colaboración de numerosos colectivos, asociacións e institucións que desenvolven a súa labor na atención a vellez.
As gañas de vivir e o gusto por prácticas de lecer e diversións comúns a tódalas idades quedou patente durante a celebración do Concerto Interxeneracional do grupo “O Sonoro Maxín”, onde novos e maiores pudieron bailar a ritmo de cumbia ou reiventados sons tradicionais galegos.

O sector xerontosanitario citouse en Galisenior co fin de gañar calidade de vida e xenerar emprego

Galisenior iniciouse coa apertura das Xornadas Técnicas profesionais á cargo da Directora Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal quen incidiu na “necesidade de fomentar o recoñecemento social ás persoas maiores, o respeto polos seus estilos de vivir e potenciar a vellez coma unha etapa produtiva”.O Plan Galego de Persoas Maiores da Xunta de Galicia contempla a aposta pola “mellora da calidade de vida dos maiores e as súas familias, o que sen dúbida xenerará emprego”, xa que estamos falando de que afecta a un 20% da poboación galega.

De ahí a necesidade de contar con profesionais formados para este ámbito xerontosanitario, como puxeron en valor tanto o presidente do Comité Asesor de Galisenior, Juan José Castro, como a concelleira de Servizos Sociais de Ourense, Margarita Martín. Esta última afirmou que o Concello de Ourense ten un gasto aproximado de 3 millóns de euros en axuda a domicilio, que o “comedor sobre rodas” atende a 200 persoas desde hai tres anos e que existe un servizo de teleasistencia gratuito.

A inauguración oficial do salón contou tamén coa presenza do delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, o presidente do Comité Executivo de Expourense e da Cámara de Comercio de Ourense, Celso Barbosa e a directora do Grupo Geriatros, Josefina Fernández.

Ó longo do día pasaron por Galisenior centos de persoas procendentes de tódalas provincias galegas, e diferentes localidades desde Ferrol e Viveiro ata Vigo ou O Barco de Valdeorras co fin de participar no elenco de actividades programadas para eles. Entre as propostas máis secundadas atopáronse algunhas como o Obradoiro de Uso de DNI electrónico, onde se lle entrega a cada participante o seu propio documento. Os stands nos que se ofrecían revisións gratuítas coma a tonometría (toma de tensión ocular) ou refracción (graduación automática con autorrefractómetro), así coma o screening auditivo, rexitraron amplas colas.

Por outra banda os usuarios dos centros sociocomunitarios da Xunta de Galicia, as aulas da terceira idade do Concello e os centros socioculturais da Obra Social de Caixagalicia, entre outros, trasladaron a Expourense a súa actividade expoñendo a realidade da súa labor diaria. Esta acción permitiu observar hoxe no recinto a unha morea de grupos practicando deportes coma o cachibol (modalidade de voleibol para maiores) tai-chi ou bailes de salón, pero tamén acceder a Internet ou xogar coa Wii. Nos obradoiros de manualidades xa comezaron a preparar os seus propios adornos de Nadal e o escenario serviu de escaparate para corais e grupos de gaitas.

A conferencia inaugural das Xornadas Técnicas correu a cargo dun dos expertos de máis prestixio en España e no Mundo, Josep Martí, director de Inforesidencias, quen trasladou aos asistentes ao punto de vista dos maiores, co fin de axudar a comprender mellor cómo se sinten e cómo se adaptan a un entorno socioeconómico cambiante e radicalmente diferente do que eles proceden en moitos casos.

O debate sobre a situación da Lei de Dependedencia, desde o punto de vista dos profesionais e dos usurarios, os produtos de apoio na autonomía persoal, experiencias de boas prácticas na atención ós maiores, ou as perspectivas laborais do sector, foron outros dos temas sobre os que se presentaron diferentes reflexións.

A vertente profesional de Galisenior complétase tamén dun xeito práctico na exposición comercial onde se pode recabar información sobre software para centros xerontolóxicos, dispositivos de seguridade para favorecer a autonomía dos maiores, e todo tipo de aparatos co fin de facilitar a vida diaria tanto dos dependentes como as súas familias.
Gabinete de Comunicación de Expourense