Skip to main content

Mar promociona os productos galegos na Mediterranean Seafood

A Consellería do Mar promove os produtos frescos e transformados do sector pesqueiro galego e potencia a imaxe nacional e internacional do noso sector marítimo na feira“Mediterranean Seafood” que se celebra en Rimini (Italia) ata o martes 22 de febreiro. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, apoiará ao sector coa súa presenza no evento.

A Consellería do Mar participará neste evento cun stand de 320 m2. O obxectivo do departamento dirixido por Rosa Quintana é promocionar os productos frescos e transformados do sector pesqueiro galego no mercado italiano así como potenciar a imaxe nacional e internacional do noso sector marítimo neste evento internacional.

O posto da Xunta de Galicia contará con coexpositores de 17 empresas diferentes, relacionadas co mundo do mar e dos conxelados. A “Mediterranean Seafood” destaca pola súa especialización en tecnoloxía e produtos da pesca do Mediterráneo e polo seu interese en sectores coma o da acuicultura, tanto marítima coma terrestre.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia