Skip to main content

PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN A GANDARÍA, TESOURO DE GALICIA NO MUSEO DO POBO GALEGO

O mércores día 20, ás 12.00 horas, terá lugar no Museo do Pobo Galego a presentación da exposición A Gandaría, tesouro de Galicia aos medios de comunicación, que serán atendidos polo comisario da mostra e director do Museo do Pobo Galego, Carlos García Martínez, xunto co Presidente da Indicación Xeográfica Ternera Gallega, Jesús González e o Xefe de Servizo de producción Ganderira da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, Gerardo Rivero Cuesta.

Ás 19.30 horas celebrarase o acto de inauguración, no que intervirán o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolmento Rural, José Antonio Santiso Miramontes; o director do Museo do Pobo Galego e comisario da mostra, Carlos García Martínez; o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Isaac Díaz Pardo; e o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, Jesús González Vázquez.

A gandaría, tesouro de Galicia é unha iniciativa da Indicación Xeográfica Ternera Gallega, producida xunto co Museo do Pobo Galego e co apoio da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que dará a coñecer a importancia cultural, social, económica e zootécnica da gandaría na nosa comunidade autónoma, dende a prehistoria ata a actualidade.
Karen Wernink: 659 95 18 71