Descontos de ata o 60% na Mostra da Oportunidade 2011 en Expourense

Polo que respecta aos sectores, entre as novidades que se poden atopar nesta edición destacan os neumáticos de primeiras marcas, cun desconto que ronda o 10%. Este expositor agasallará aos seus clientes cunha tarxeta aforro de 0.024 céntimos de euro en cada litro de combustible. A outra novidade importante é o sector da informática que ofrece ordenadores por 200 euros.
O moble é un dos sectores con maior presenza nesta cita, destacando a ampla oferta en sofás de todo tipo de materiais e tamaños con descontos que acadan en moitas ocasións o 50%. Polo que respecta á automoción sobresaen os vehículos de alta gama seminovos e nalgúns casos a estrear con descontos que rondan o 20%, o que pode supoñer ata 3.000 euros de aforro.
O textil é o calzado seguen a ser dos sectores máis demandados polo público. Destaca a oferta en roupa e calzado infantil contando con numerosos expositores que ofrecen prendas dende recén nado ata os 14 anos con prezos que parten dos 3 euros.
Para os maiores pódese salientar a oferta en roupa deportiva de primeiras marcas como zapatillas a 25 euros ou cazadoras para a neve e o frío por menos de 40 euros. Os interesados neste sector poden aproveitar ademais a ocasión para facerse cunhas botas de fútbol con tacos por 9,90. Convén mencionar a oferta en prendas de pel con prezos ata tres veces inferiores ó marcado en tenda.
A Mostra é tamén unha oportunidade para facerse con produtos difíciles de atopar nas canles habituais de distribución e así poden atoparse aparatos para cociñar ou produtos para limpar calquera superficie.
Todo isto e moito máis foi o que pudieron atopar aqueles que se decidiron a visitan hoxe a Mostra da Oportunidade, en Expourense, para ser os primeiros en aproveitar os mellores prezos deste centro comercial de Galicia que terá as súas portas abertas ata o domingo ás 21.00 horas.
Para facer máis cómoda a visita, o salón conta cun amplo horario que vai dende as once da mañá ás nove da noite, é dicir, dez horas ininterrompidas, contando ademais cun amplo aparcamento gratuíto.
Gabinete de Comunicación de Expourense