Espacio Atlántico reúne a 43 galerías e ofrece diálogo aberto a 300 artistas
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou na inauguración da feira de arte contemporánea Espacio Atlántico que ésta “é a unión de 43 galerías e o diálogo aberto de 300 artistas”. Unha feira, engadiu, “que crece a pesar das dificultades e irrompe con forza no panorama cultural a pesar dos seus escasos anos de vida”, destacou.
A pesar de que recoñeceu que na voráxine da actualidade a cultura asume un papel “discreto pero esencial”, Alberto Núñez Feijóo referiuse ao potencial de Espacio Atlántico para “manter viva a nosa identidade como pobo”. “Todos os que estamos aquí, xa sexa como anfitrións, xa sexa como visitantes, compartimos a satisfacción de poder ser partícipes da expresión creativa dun país: Galicia; e tamén dunha época: a nosa”, asegurou, lembrando que a esencia xacobea e emigrante de Galicia se traduciu, “desde sempre”, nunha tendencia a compartir e a proxectar a cultura galega máis aló das nosas fronteiras e a asimilar con interese as achegas que chegan de fóra. “Este ideal de integración e de tolerancia é a gran contribución da cultura galega”, aseverou ao respecto, incidindo en que nesta feira de arte contemporánea que se celebra en Vigo “está a proba” de que este ideal segue vivo.
“Lonxe de aferrarse a actitudes elitistas ou herméticas, Espacio Atlántico alenta, impulsa e potencia o noso carácter aberto, a nosa vocación internacional e o noso espírito solidario”, dixo, ao igual que o fan as obras Bolboreta e Monte da Curota de Manolo Paz, lembrou, artista homenaxeado nesta edición de Espazo Atlántico e autor destas dúas esculturas que estes días se abren ao mar desde o porto vigués.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia