Skip to main content

A XXI Mostra do Encaixe de Camariñas, cultura e arte

A directora xeral de Comercio, Nava Castro, participou na apertura da XXI Mostra do Encaixe de Camariñas, acto ao que asistiu tamén a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro.

A Consellería de Economía e Industria aportou ao financiamento do evento máis de 45.000 euros, un compromiso, segundo destaca a directora xeral, para contribuír a que a repercusión do encontro siga medrando como signo de cultura e arte, pero tamén como dinamizador económico.

O apoio para que o encaixe de Camariñas continúe como trazo de identidade cultural, fundaméntase a través de ferramentas de promoción e fomentando a súa continuidade mediante a formación, como sinala a directora xeral. Nesta liña, ofértanse cursos relacionados co encaixe que son programados ao longo do ano e do que o workshop que o deseñador José Castro impartirá en Camariñas na Mostra é un claro exemplo.

Os asistentes a esta última edición da Mostra dispoñen dun amplo programa de actividades, con presenza de eventos consolidados, como os desfiles de recoñecidas firmas e de deseñadores noveis, entre outras moitas actividades.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia