Skip to main content

Alumnos dos obradoiros de emprego e de Formación Profesional participan activamente en Previsel

Cun chamamento á unión de todos os axentes sociais (Administración, Patronal, sindicatos, etc.) e co obxectivo principal de formar e informar para facer chegar a toda a sociedade a rendibilidade de implrntar sistemas de prevención, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, inauguraba a sexta edición de Previsel, o Salón da Prevención e Seguridade que ata mañá se celebra en Expourense e onde 30 expositores ofrecen as últimas novidades en produtos e servizos en materia de seguridade laboral. O salón conta ademais cun completo programa de actividades que inclúe unha trintena de conferencias e obradoiros organizados por distintas institucións ou empresas do sector.

Previsel abriu as súas portas recibindo hoxe a visita de máis de 500 alumnos e alumnas procedentes dos obradoiros de emprego procedentes de distintos concellos galegos.
Todos eles participaron actividades que máis se axustaban ó obradoiro que están a realizar e que estaban vencellados coa soldadura, cos traballos verticais, coa extinción de incendios ou coa manipulación de carretas elevadoras, entre outros. Mañá agárdase a visita de maís obraoidros de emprego. Ademais, visitaron o recinto de alumnos procedentes de varios Centros de Formación Profesional.

A estes grupos hai que engadir os visitantes que se achegaron ata Previsel da man da Consellería de Medio Rural para asistir a unha conferencia sobre a prevención de riscos laborais nos incendios forestais.

Protección Civil

Previsel acolleu unha Xornada Técnica sobre prevención e seguridade no traballo do voluntariado de Protección Civil na que participaron un cento de voluntaios desta agrupación de toda a provincia e na que recibiron nocións sobre cómo mover a lesionados en casos de accidente, rescate ou incendio e qué técnicas empregar.

Novidades

Entre as novidades que se poden atopar no salón destacan os simuladores de condución segura de APETAMCOR, que espertaron o interese dos visitantes ou a unidade móbil que SALVACON emprega como aula de formación en prevención para sectores como poden ser o sanitario, a pesca, a enerxía eólica ou o transporte.

No apartado de conferencias teóricas destacan as tres ponencias organizadas pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO) sobre temas tan novidosos como o impacto no traballador da exposición a nanopartículas como poden ser fármacos, microchips ou a contaminación a escalar molecular.

Neste sentido, tamén se impartiu unha charla sobre “Exposome”, unha poderosa ferramenta para a avaliación da exposición a tóxicos que recolle todas as contaminacións ambientais ás que está sometida unha persoa dende o momento da concepción (inclúe dieta, lugar onde vive, factores culturais, tipo de traballo que realiza, etc.) e establece uns marcadores de exposición, susceptibilidade e efecto. O relator desta ponencia, o director médico do Laboratorio Lema&Bandín, Tomás Camacho, reivindicou a importancia da interrelación entre hixienistas, especialistas en análises clínicas e expertos en medicina do traballo para poder paliar os efectos dos tóxicos na saúde do traballador.

A última das conferencias de hoxe organizadas pola Ceo foi a que versou sobre “Security-Box”, unha práctica preventiva de riscos laborais desenvolvida pola fábrica de PSA-Citroen en Vigo que levaron a cabo máis de 6.700 traballadores e que xa foi exportada a outras fábricas francesas do Grupo. A S-Box consta de oito salas nas traballadores acompañados por un monitor, mediante probas ludicas e actividades interactivas e que movan á reflexión, levan a cabo sesións de sensibilización sobre a seguridade no traballo en materia de circulación vial interior, equipos de protección individual, seguridade en máquinas, etc. A S-Box foi finalista nos Premios de Excelencia de PSA, cos que o grupo distingue os proxectos que supuxeron avances excepcionais.

O programa de conferencias remata esta tarde coa celebración dunha mesa de debate sobre alcol, drogas e barbitúricos e a súa relación coa responsabilidade empresarial e a lei de Protección de Datos na que participan representantes da Inspección de Traballo, do xulgado social, dos sindicatos e do colexio de avogados.

Cruz Vermella impartiu varios obradoiros integrados na denominada “cadea da supervivencia” e que inclúen conferencias e clases prácticas sobre a reanimación cardiopulmonar en adultos, nenos e lactantes, cómo actuar en caso de obstrución de vía aérea ou cómo manexar un desfribilador para persoal non médico. A charlas sobre a introdución á prevención ofrecidas polo ISSGA, e os obradoiros de manipulación de carretas elevadoras (Carfluid e APETAMCOR), de traballos en altura (Cables y Eslingas e Orensanex) e de soldadura (AIMEN) completaron o programa de actividades diarias.
Silvia Pardo (coordinadora de Comunicación de Expourense)