Galicia amosa na XXIX Feira Liber 2011 de Madrid as novidades de 26 editoriais
A Consellería de Cultura e Turismo promove a produción editorial galega na XXIX edición da Feira Internacional do Libro, Liber 2011, que chega ao seu ecuador e que remata o venres 7 de outubro no pavillón 6 da Feira de Madrid. O expositor da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, acolle as publicacións dun total de 26 editoriais da comunidade nun espazo de 49 metros cadrados co obxectivo de internacionalizar, promocionar e difundir as creacións literarias galegas.
A Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos acode cada ano a cinco das feiras internacionais do libro máis importantes do mundo –Frankfurt, Guadalaxara, Boloña, Bos Aires e a propia Liber–, nas que participa cun expositor propio, que ofrece ás firmas editoriais galegas para exhibir as súas publicacións e manter contactos de intercambio con profesionais e entidades internacionais. O fin último destas iniciativas é darlle ao libro galego unha repercusión internacional, de xeito que a profesionalización acadada, a calidade e a personalidade propia contribúan a consolidar o sector editorial de Galicia fóra do noso territorio.
As 26 editoriais galegas que participarán nesta XXIX edición da Liber son: Editorial Netbiblo, Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira–Edebé, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Editorial Everest, Editorial Toxosoutos, Baía Edicións, Ideaspropias Editorial, OQO Editora, El Patito Editorial, Ediciones Linteo, Edicións Embora, Andavira Editora, Alvarellos Editora, Edicións Nigra Trea, Primera Persona, KNS, Espiral Maior, Biblos, E. do Cumio e Embora.
Premio á biblioteca de Verín
Na xornada de hoxe, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, recibiu no expositor de Galicia a Vicente Rodríguez, director da Biblioteca Municipal de Verín, que será galardoada este serán co ‘Premio á Mellor Iniciativa para o Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011’ concedido polo Gremio de Editores de España. O xurado que outorga o premio entende que a proposta da biblioteca ourensá encarna un modelo de servizo bibliotecario que amplía e enriquece a visión clásica de servizo público da lectura no medio rural. Deste xeito, considérase a biblioteca verinense como un centro de irradiación cultural no seu territorio máis próximo e amosa o valor da lectura como canle privilexiada para o acceso á cultura e o coñecemento.
Neste encontro, o director xeral do Libro felicitou ao director da Biblioteca Municipal de Verín polo galardón, que recoñece o seu traballo no fomento da lectura. Francisco López recoñeceu o traballo desenvolvido pola biblioteca “para achegar a lectura e os libros aos máis novos”. Neste sentido, asegurou que “o futuro do sector do libro pasa por fomentar e impulsar a lectura”. O xurado do premio gabou a proposta programática da Biblioteca Municipal de Verín, da que destacou que “encarna un modelo de servizo bibliotecario que amplía e enriquece a visión clásica de servizo público da lectura no medio rural”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia