Arrinca en Compostela o panel da cata anual de meles e queixos de Galicia
Arrinca -no compostelá Centro Integrado de Formación Profesional en Lamas de Abade- a cata anual de meles e queixos de Galicia, que organiza a Consellería do Medio Rural en colaboración cos consellos reguladores da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e as catro denominacións de orixe protexidas queixeiras.
Entre os días 10 e 15 de novembro, o departamento que dirixe Samuel Juárez procedeu á recollida de mostras das industrias participantes á “X Cata de meles de Galicia” e á “XIV Cata de Queixos de Galicia”, elixindo ao chou unha mostra de 3 envases de mel de cada un dos participantes e unha mostra de 5 queixos, do mesmo lote, de cada un dos concursantes.
Un dos envases de mel e un dos queixos da mostra recollida quedará en poder do propietario, introducíndose as outras mostras nunha caixa na que figurará unicamente o nome da denominación e o número de mostra. Estas caixas serán transportadas ata o Centro de Lamas de Abade, onde permanecerán debidamente precintadas e refrixeradas ata o inicio das catas.
Para asegurar o anonimato da marca concursante as mostras dos queixos e meles participantes serán etiquetados e identificados cun número que substituirá, durante o proceso de cata, a etiqueta identificativa habitual do produto e que quedará rexistrado xunto coa marca comercial e o número do lote na acta de recollida correspondente. Tamén se eliminará da mostra calquera outro elemento que as poida identificar. No caso dos meles, dada a gran diversidade dos envases empregados na expedición comercial, as mostras recolleranse en envases de cristal transparente idénticos e sen marcas, debuxos nin calquera outro elemento que puidera levar a súa identificación.
Condicións
Os meles poderán concursar en dúas categorías; a Categoría A, que abarca calquera dos meles monoflorais (eucalipto, castiñeiro, silveira e breixo) incluídos no regulamento da IXP Mel de Galicia e a Categoría B, correspondente aos meles multiflorais.
Os queixos que se presenten a concurso deberán ter unha maduración, no momento da cata, de entre 15 e 20 días nos casos do Queixo Tetilla e Arzúa-Ulloa; entre 45 e 60 días para San Simón da Costa e, no caso do Cebreiro, ter unha maduración mínima de 2 días.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia