Megaxove 2011 logra un récord de participación con case 11.000 visitantes
Logo de catro días de intensa actividade, a duodécima edición de Megaxove, Salón da Xuventude, pecha as súas portas en Expourense convertida xa no maior centro de lecer de Galicia. A falta de contabilizar os datos desta tarde, a organización calcula que esta cita conseguiu atraer a case 11.000 visitas, o que supón o record de participación de público ata o de agora. Á vista destes datos, Expourense quere agradecerlle a trintena de federacións e asociacións implicadas con Megaxove o esforzo realizado durante estes catro días e a atención prestada a estas 11.000 visitas.
Os rapaces e rapazas que visitaron Megaxove participaron nun encontro cos xogadores do Clube Deportivo Ourense que estiveron asinando autógrafos e conversando cos máis pequenos.
Nenos e maiores participaron activamente nalgunha das máis de 60 actividades culturais e deportivas que ofrecía o Salón e onde tiveron a oportunidade non só de divertirse, senón de cultivar valores como o compañeirismo, a solidariedade cos máis desfavorecidos, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade ou ó respecto ó Medio Ambiente. O salón foi o lugar elixido por numerosas asociacións e federacións deportivas para realizar probas.
O Salón da Xuventude converteuse así no punto de encontro da mocidade galega e tamén das súas familias xa que foron moitos os rapaces que acudiron ata o salón acompañados polos seus pais ou avós conseguindo tamén a participación activa dos maiores en actividades como os xogos tradicionais, o futbol chapa ou o scalextric, entre outras. Destacou nesta edición a visita de nenos cada vez máis pequenos, bebés e de preescolar, que puideron gozar cos hinchables reservados para eles ou co
bebechán. Estes xogos tradicionais conviviron coa Ciber Aula e coa Zona de videoxogos. Destacou ademais a parede de escalada infantil e o karaoke onde o repertorio variou entre “Danza Kuduro” de Don Omar e “Niña bonita” de Chino y Nacho, as dúas cancións preferidas polos xoves cantantes.
Entre as novidades do programa de actividades de Megaxove 2011 destacou a celebración do primeiro Campionato Galego de Snooker organizado polo Clube de Billar Ourense en colaboración coa Federación Galega de Billar, no que participaron 16 xogadores de toda Galicia que acudiron a esta cita debidamente uniformados. Ademais do campionato, houbo exhibicións e clases de inicio á práctica do billar.
Outras das novidades foron os obradoiros de cultura urbá (graffiti, breakdance e rap), o de automodelismo por radio control. Tampouco faltaron nesta edición os obradoiros solidarios como o denominado “Función de maxia en Haití” organizado por Cruz Vermella ou a exposición sobre “Educación, Deporte e Valores” da Secretaría Xeral para o Deporte. Pola súa parte, a Concellería de Xuventude de Ourense colaborou co obradoiro de iniciación ó Slot.
12º Cross Megaxove
Organizado polo Clube de Atletismo Academia Postal, a doudécima edición do Cross Megaxove, que se celebrou hoxe en Expourense, superou cifra máxima de participantes ata o de agora, chegando ós 750 participantes con idades comprendidas entre os 17 meses do máis pequeno ata os 71 anos do máis veterano. Esta proba, a segunda na provincia que con maior poder de convocatoria só despois da San Martiño, foi cronometrada polo sistema de “champion chip”. Os representantes do Ourense Academia Postal Iria Fernández e Hassan Lekhili dominaron esta carreira na categoría absoluta.
A pesar de que houbo atletas que participaban de xeito independente, a meirande parte deles participaron a través dos seus clubes de Atletismo. O Academia Postal de Ourense, o ADAS Proinor do Barco de Valdeorras, o ADAS de Xinzo de Limia, o Ben Cho Sei do Pereiro de Aguiar, e o Pavillón Ourense foron os clubes que achegaron maior número de participantes, aínda que tamén houbo participantes de clubes de Ferrol, Val Miñor, Negreira ou Santiago de Compostela. Os resultados deste XII Cross poden consultarse nas páxinas web www.ourenseatletismoacademiapostal.com ou en www.championchipnorte.com
O Salón da Xuventude serviu tamén de plataforma de promoción doutras actividades vencelladas ó lecer e á cultura e para que distintas asociacións xuvenís, como Amencer, a Fundación Amigos de la Barrera ou as escolas de baile rexional Castro Floxo e Queixumes dos Pinos, deran a coñecer o traballo que realizan ó longo de todo o ano.
Rematan así catro días nos que se desenvolveu un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros. A vindeira cita terá lugar o vindeiro venres 16 de decembro coa celebración da 11ª edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos.

Silvia Pardo (Coordinadora de Comunicación Expourense)