Skip to main content

Duas medallas para Martin Codax no II Concurso Internacional de Vinhos do Brasil

Dous viños de Bodegas Martin Códax obtiveron medallas de ouro e prata no II Concurso Internacional de Vinhos, celebrado do 8 ó 12 do mes que andamos na cidade brasileira de Bento Gonçalves. Martin Códax foi a única bodega española entre as participantes que acadou dous premios.
Os viños galardoados son o Burgáns da colleita 2003, premiado coa medalla de ouro, e o Martin Códax da mesma colleita, que obtivo a de prata.
O Concurso Internacional de Vinhos do Brasil está promovido pola Associação Brasileira de Enologia (ABE), e recoñecido polo Office International de la Vigne et du Vin (Oficina Internacional da Viña e do Viño). Na segunda edición participaron 401 viños procedentes de 13 países. Un panel de 50 catadores, formado por enólogos e especialistas de 14 países, cualificaron os viños participantes dacordo coas normas da OIV. Os resultados déronse a coñecer na cea de clausura á que asistiron enólogos, dirixentes do sector, autoridades e convidados.
O xurado outorgou 121 medallas, delas unha Gran Medalla de Ouro, 27 de Ouro e 93 de Prata. España foi o terceiro pais clasificado dos 13 participanrtes, con 14 medallas, só superada por Brasil e Chile.
Cada xurado estivo foi formado por cinco membros, tres estranxeiros e dous brasileiros. A proba consistiu en catas cegas, realizadas sempre entre as 9 e as 13 horas. Os 50 catadores analisaron vinhos de Alemania, Arxentina, Australia, Brasil, Chile, Eslovaquia, España, Estados Unidos, Francia, Italia, Perú, Portugal e Uruguai. Unha das presenzas máis destacadas foi a do presidente da Union Internationale de Oenolegues (UIOE), Giuseppe Martelli.
Dezasete dos xurados estranxeiros tamén estiveron presentes na Asemblea Xeral da UIOE que se celebrou posteriormente, sendo a primeira vez que o encontro se celebra nun país non europeo.
alfredo cid gonzález